Como coidar as plantas de interior: consellos - IKEA Saltar

Como coidar as plantas de interior: consellos e trucos

As plantas de interior axúdannos a darlle ao noso fogar un toque de cor e vitalidade. Pero son moito máis que iso: permítennos achegar os diferentes cuartos da nosa casa á natureza e transmítennos tranquilidade, unha sensación de paz e de harmonía que non poderiamos conseguir con ningún outro elemento. Pero para que todo isto sexa unha realidade, debemos coidalas con agarimo e dedicación, incluso cando non temos nin idea. Por iso dámosche consellos para coidar plantas de interior que podes seguir "ao pé da letra" para que se manteñan cheas de vida como o primeiro día.

1. Ten en conta a luz do teu fogar 

Para descubrir que plantas se adaptarán ao teu espazo, ten en conta a luz solar que che entra na casa. As etiquetas das nosas plantas indican se lles cómpre sombra, luz indirecta ou luz solar directa. Tamén mencionan se son de exterior ou interior e as temperaturas axeitadas. 

Estes datos tamén se atopan na nosa web, no apartado de materiais e coidados, polo que, antes de botarte a mercar unha planta, recomendámosche que leas detidamente toda esta información para que a elección sexa a correcta

Se a luz é diferente nas distintas estancias da casa, poderás escoller plantas variadas e colocar as que necesiten máis luz ou luz directa nos espazos máis luminosos e as outras, nos recunchos máis escuros. Deste xeito, terás unha maior variedade de plantas e o resultado será moito máis vistoso. 

2. Deixa que se adecúen ao espazo e á terra

Á parte de informarte previamente como indicabamos no punto anterior, é fundamental que observes as plantas para saber o que necesitan: máis ou menos auga, máis espazo, máis luz... Se te fixas ben, verás como che "falan" para dicirche que lles fai falla.

Tamén é certo que a maioría non é necesario transplantalas durante o primeiro ano, polo que podes deixalas tal e como están, non tes que darlles máis espazo nun testo máis grande. Iso si: podes ir variando o testo exterior para que ademais axuden a darlle cor e estilo á túa casiña.

Por suposto, coloca sempre un prato na parte inferior do testo porque axuda a drenar o exceso de auga.

Despois do primeiro ano ou cando vexas que necesitan máis espazo, será momento do transplante. Neste artigo explicamos como facelo paso a paso; xa verás que é máis sinxelo do que parece. 

Un truco extra? Se queres achegarlles vitalidade, engade á túa rutina de coidados un fertilizante, como VÄXER, que conteña nutrientes para que medren máis fortes e sas. Recomendámosche que o utilices sobre todo na primavera e no verán, na época de crecemento.

3. A frecuencia da rega depende do tipo de planta

Queres un truco para saber cando debes regar unha planta? Se tocas a terra e queda pegada ao dedo, non a regues! Aínda está o suficientemente húmida.

Se adquires as plantas en IKEA, verás que nas etiquetas aparecen unhas pingas como guía: unha soa pinga indica que a planta debe regarse unha vez á semana ou cada dúas ou tres semanas. Se son dúas pingas, unha ou dúas veces á semana (sen auga estancada). E se o debuxo reflicte 3 pingas, dúas ou tres veces á semana (sen terra seca).

Se segues a ter dúbidas, podes utilizar un sensor de humidade para plantas, como CHILIPULVER, que se coloca na terra e indica cunha luz azul se é necesario regar a planta. 

Tamén podes desentenderte por completo e optar por testos con rega automática, que fan o traballo por ti. Aínda que che aseguramos que coidar, regar e mimar as plantas pode proporcionarche moitísima tranquilidade e converterse no mellor dos teus pasatempos. Así que, se queres gozar de máis momentos relaxantes e fuxir do estrés, non o dubides! Seguro que a xardinería che axuda a ter máis paz mental. 

4. Plantas artificiais: a alternativa sen esforzo para recunchos sempre verdes

Vale, chegamos ao final. Se te rendiches coas plantas de interior, non tes moito tempo para coidalas ou sinxelamente queres un xardín vertical que se manteña sempre tan espléndido como o primeiro día, quizais sexa momento de pensar nas plantas artificiais.

As plantas artificiais sempre parecen frescas e non morren, polo que podes explotar a túa creatividade para lograr unha decoración natural que chame a atención. Ademais, os armarios abertos e os paneis de plantas cadrados permítenche crear un xardín vertical dun modo sinxelo.

O noso consello? Que teñas en conta a decoración do teu fogar á hora de elixir as plantas artificiais e o xeito de combinalas. Iso si, non teñas medo a xerar contrastes, xa que só así conseguirás que o estilo da túa casa sexa único e especial. 

Outra opción, por suposto, é combinar ambos tipos de plantas, naturais e artificiais, para conseguir a decoración natural que estabas a buscar sen ter que dedicarlle moito tempo. Por se acaso te lanzas e queres ampliar coñecementos, aquí che deixamos unha selección de artigos sobre o coidado de plantas que che poden interesar. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.