IES Xermán Ancochea Quevedo |
Skip to Content

Spring Week 2024

Neste curso o alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se levará a cabo en Mondariz. Achégase a guía de actividades

Menú abril

BECAS DO MINISTERIO PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

A continuación déixovos un resumo interactivo sobre a convocatoria de becas do MEFP de cara o curso 24-25. Neste caso, para quen teña previsión de cursar estudos UNIVERSITARIOS o curso próximo. Se pasades o cursor polos signos "+" podedes ampliar a información así como pinchando nas ligazóns que vos derivan á páxina oficial do Ministerio.

Recordade que o prazo é ate o 10 de maio! Aínda que non teñades claro o que ides a facer, pídese coa opción que considerades máis factible e logo, chegado o momento, mandaranvos confirmar ou modificar durante o verán.

 

BECAS DO MINISTERIO PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, FPB, BACHARELATO, ETC)

A continuación déixovos un resumo interactivo sobre a convocatoria de becas do MEFP de cara o curso 24-25. Neste caso para quen teña pensado cursar estudos de FP (incluído grao básico), bacharelato e resto de estudos postobrigatorios non universitarios. Se pasades o cursor polos signos "+" podedes ampliar a información así como pinchando nas ligazóns que vos derivan á páxina oficial do Ministerio.

Recordade que o prazo é ate o 10 de maio!Aínda que non teñades claro o que ides a facer, pídese coa opción que considerades máis factible e logo, chegado o momento, mandaranvos confirmar ou modificar durante o verán.

 

 

 

Axudas do ministerio para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Veñen de convocarse 2.400 axudas para alumnado con condición de becado para un curso de inmersión lingüística en inglés durante o mes de xullo. A continuación, podedes consultar os puntos principais da convocatoria que vos deixamos neste documento resumo, con ligazón á páxina web do Ministerio de Educación e FP onde atoparedes toda a información.

 Recordade que o prazo é ata o vindeiro 21 de marzo!

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

 
c
 

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. 

O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º Bac poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.

 O alumnado de 2º de Bacharelato que titule, certificará os niveis 1, 2, 3 e 4 de competencia, porén, poderá atopar o nivel intermedio de competencias realizando unha proba que acredite a obtención do nivel 4. Duración 20 min. Nº preguntas: 12. Realización: Mes de Abril no Centro.

A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/

As Competencia dixital segundo o Marco galego de competencias dixitais que podes obter AQUÍ  divídese en 5 áreas.

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

 O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Menús Marzo comedor

  

Información da convocatoria de folga por parte do sindicato de estudantes para o vindeiro 8 de marzo

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para  o día 8 de marzo de 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é o Sindicato de Estudantes e o motivo da folga: " mostrar o noso rechazo á violencia de xénero e demandar unha materia de educación sexual nos nosos centros de estudo

Achéganse documentos relativos á convocatoria e para a xustificación da inasistencia a clase de ser o caso.

AXUDASLE: Actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Veñen de ser convocadas as axudas para mellorar a competencia lingüística do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, con estadías durante o verán (xullo-agosto) Deixámosvos un resumo a continuación con ligazón á Orde da convocatoria onde atoparedes toda a información precisa.

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

     Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Total número de prazas: 645

PRAZO: 13 de febreiro – 12 de marzo

 Normativa para consulta:

Distribuir contido


by Dr. Radut