Gmail: correo electrónico gratuíto, privado e seguro | Google Workspace
Correo electrónico seguro e privado no que ti controlas todo
Nunca usamos o teu contido de Gmail con fins publicitarios
Gmail usa a encriptación líder do sector en todas as mensaxes que recibes e envías. Nunca usamos o teu contido de Gmail para personalizar anuncios.
Notificación de privacidade superposta nun correo electrónico
Gmail protexe a máis de mil millóns de persoas todos os días
Gmail impide que o 99,9 % do spam, do software malicioso e das ligazóns daniñas cheguen á túa caixa de entrada.
Caixa de entrada principal de Gmail cunha icona de advertencia separada nun lado
As proteccións contra phishing máis avanzadas
Cando chega un correo electrónico sospeitoso que pode ser lexítimo, Gmail infórmate para que manteñas o control de todo.
Correo electrónico cunha mensaxe de seguranza en amarelo
Os mellores controis nos correos electrónicos que envías
O modo confidencial permíteche establecer vencementos e esixir que os destinatarios se verifiquen mediante mensaxe de texto. Tamén podes quitar as opcións de reenviar, copiar, descargar e imprimir mensaxes.
Correo electrónico con recordatorio de tempo e icona de reloxo
Notificación de privacidade superposta nun correo electrónico
Caixa de entrada principal de Gmail cunha icona de advertencia separada nun lado
Correo electrónico cunha mensaxe de seguranza en amarelo
Correo electrónico con recordatorio de tempo e icona de reloxo
Non deixes nada sen facer con Gmail
Mantén o contacto e organízate
Inicia un chat, participa nunha videochamada con Meet ou colabora nun documento, todo isto desde Gmail.
Función de chat de Gmail cunha colaboración nun documento e un chat de vídeo nunha soa pantalla
Mellora a produtividade e a rapidez
Escribe correos electrónicos e mensaxes máis rápido con funcións como a Redacción intelixente para dedicar máis tempo ao que che gusta.
Correo electrónico novo coa función autocompletar de Redacción intelixente
Non esquezas nunca responder un correo electrónico
Os recordatorios de correo discretos permítenche estar ao día de todo
Caixa de entrada de Gmail cun recordatorio de seguimento co texto en laranxa
Función de chat de Gmail cunha colaboración nun documento e un chat de vídeo nunha soa pantalla
Correo electrónico novo coa función autocompletar de Redacción intelixente
Caixa de entrada de Gmail cun recordatorio de seguimento co texto en laranxa
Gmail é mellor na aplicación
Exprésate con emojis
As reaccións con emojis son unha maneira rápida e divertida de responder a correos electrónicos. Só están dispoñibles na aplicación Gmail.
Esta función empezará o seu lanzamento en outubro de 2023.
Atopa os correos electrónicos máis rápido
Nunha interface de teléfono simplificada, móstrase un correo electrónico para darlle a benvida a Helen ao equipo. A barra de emojis ampliada indica que é moi sinxelo responder cun emoji.
Unha interface de teléfono simplificada que che mostra unha barra de busca coa palabra "RSVP". Os resultados inclúen a seguinte frase.
Cambia de conta
Todos os correos electrónicos de diferentes provedores nunha mesma aplicación.
Unha interface de teléfono simplificada contén a cabeceira "Add account" e iconas de diferentes servizos de correo electrónico, o que pon de manifesto o sinxelo que é engadir diferentes provedores de correo electrónico á aplicación Gmail.
Unha interface de teléfono simplificada que che mostra unha barra de busca coa palabra "RSVP". Os resultados inclúen a seguinte frase.
Unha interface de teléfono simplificada contén a cabeceira "Add account" e iconas de diferentes servizos de correo electrónico, o que pon de manifesto o sinxelo que é engadir diferentes provedores de correo electrónico á aplicación Gmail.
Desfruta do mellor de Gmail no teu dispositivo
Funciona con outras ferramentas
Gmail funciona de marabilla con clientes de escritorio como Microsoft Outlook, Apple Mail e Mozilla Thunderbird, ata coa sincronización de contactos e eventos.
Mantén a produtividade, mesmo cando esteas sen conexión
Gmail sen conexión permíteche ler, responder, eliminar e buscar as túas mensaxes de Gmail cando non teñas conexión a Internet.
Proba Gmail en calquera dispositivo
Desfruta da facilidade e simplicidade de Gmail, onde queira que vaias.
Agora Gmail forma parte de Google Workspace
Colabora máis rápido desde calquera dispositivo e en calquera momento: todo isto desde un mesmo lugar.
Google Workspace é un conxunto de ferramentas de produtividade e colaboración que axuda ás persoas, os equipos e as empresas a non perder o ritmo. Trátase dunha solución flexible e innovadora para uso empresarial ou persoal que inclúe todas as túas aplicacións favoritas (Gmail, Calendar, Drive, Documentos, Meet…).
Atopa as respostas que buscas
Necesitas máis axuda?
Consulta consellos e guías paso a paso deseñadas para usuarios novos e avanzados.
Como protexe Gmail a seguranza e a privacidade das miñas comunicacións por correo electrónico?
Unha das prioridades de Gmail sempre foi ofrecer unha seguranza sólida. Traballamos arreo para protexerte de spam, phishing e software malicioso antes de que cheguen á túa caixa de entrada. As nosas funcións de filtrado de spam melloradas con intelixencia artificial bloquean case 10 millóns de correos electrónicos de spam por minuto.
Os meus correos electrónicos úsanse para mostrarme anuncios?
Non. Aínda que poidas ver anuncios na túa conta de Gmail sen custo económico, os teus correos electrónicos son privados. Google non analiza nin procesa o contido de Gmail con fins publicitarios.
Como podo mellorar aínda máis a seguranza dos meus correos electrónicos?
Aínda que as funcións de Gmail son bastante seguras para a maioría dos usuarios, pode que algunhas contas necesiten unha maior seguranza. O programa Protección avanzada de Google protexe os usuarios que teñen información confidencial e de alta visibilidade, que corren o perigo de sufrir ataques en liña dirixidos.
Máis información
E se quero usar Gmail para o traballo ou para a miña empresa?
Gmail forma parte de Google Workspace, que che ofrece varios plans entre os que escoller. Ademais de todo o que che gusta de Gmail, obtés un enderezo de correo electrónico personalizado (@túaempresa.com), enderezos de correo electrónico ilimitados para os grupos, un 99,9 % de actividade garantido, o dobre de almacenamento das contas persoais de Gmail, cero anuncios, servizo de asistencia ininterrompido, Google Workspace Sync for Microsoft Outlook e moito máis.
Máis información
Necesitas máis axuda?
Consulta consellos e guías paso a paso deseñadas para usuarios novos e avanzados.
Móstralle ao mundo
como se fai.
Comeza a usar Gmail, agora máis potente.
Pantalla da caixa de entrada de Gmail con iconas de funcións máis grandes organizadas en horizontal