div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Paloma San Basilio, Raúl e Malvela porán a música este Venres Santo no 'Luar'

As propostas musicais desta noite (21:55 h) complétanse coas actuacións da orquestra Marbella, da Schola Gregoriana Lucensis e dos grupos de música tradicional A Rexouba e Camiño Real de Poulo

crtvg.gal 29/03/2024 00:05

Santiago, 29.03.2024.-     Este Venres Santo a festa non para no programa ‘Luar’, que recibirá a visita de Paloma San Basilio, unha das grandes damas da música española. Gañadora dun Premio Grammy Latino e representante de España no Festival de Eurovisión en 1985, ao longo dos seus máis de 50 anos de carreira, vendeu 16 millóns de discos con estilos que van desde a canción melódica ao pop.

O espazo da TVG tamén contará coa presenza de Raúl, un dos cantantes de máis éxito a principios dos 2000, cando saltou á fama co seu hit ‘Sueño su boca’. Máis de dúas décadas despois de arrasar cunha das cancións máis cantadas de comezos de século, o cantante vitoriano continúa facendo carreira na música e esta noite interpretará en ‘Luar’ os seus últimos temas e tamén un mix cos seus grandes éxitos.

Ademais, no escenario de ‘Luar’ estará Malvela, grupo nado hai máis de 20 anos coa unión de varias mulleres da parroquia mosense de Sanguiñeda, guiadas pola artista Uxía Senlle, que sorprendeu o panorama galego, demostrando que a música non sabe de idade nin de fronteiras.

O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez tamén contará este venres con canto gregoriano, que chegará da man da Schola Gregoriana Lucensis, composta por un grupo de amigos que se uniron co ánimo de promover a recuperación deste xénero musical na provincia de Lugo.

As propostas desta noite complétanse coas actuacións da orquestra Marbella e dos grupos de música tradicional A Rexouba e Camiño Real de Poulo, e coa maxia de Joaquín Matas, que desde hai máis de 25 anos combina o ilusionismo con moito humor e coa participación activa do público.

No tempo de ‘Recantos’, esta semana será a quenda de Mery Da Silva, procedente do Bierzo, e de Bea García, representante da comarca Terras do Eume, que actuarán en solitario e tamén interpretarán un tema a dúo, baixo a atenta ollada do xurado do concurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade