Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, en Lugo

Opinión

Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, en Lugo

Estará acompañado polo grupo Amoeba Split nun concerto organizado polo Concello o día 27 ► Será no Club Clavicémbalo ás sete da tarde e con entrada libre

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e Deportes, vén de facer público que neste mes de abril, dentro da programación trimestral que organiza, vai celebrar un concerto do grupo Amoeba Split.

Isto xa sería unha boa nova para as persoas amantes da música pero vén de xurdir unha posibilidade inédita e que suporá todo un acontecemento musical na nosa cidade.

O Concerto muda o seu nome e contido, xa que o famoso músico Richard Sinclair subirá ao escenario para estar acompañado por Amoeba Split.

Quen é Richard Sinclair?

É un músico inglés coñecido por ser un dos pioneiros da Escena de Canterbury, estilo que xunta de forma única jazz, pop e rock psicodélico. A súa voz é a máis recoñecible do estilo e a súa forma de tocar o baixo influíu en varias xeracións de músicos, ata o punto de ser considerado toda unha icona mundial no xénero.  

Con tan solo tres anos comenza a tocar o ukelele, aos seis a guitarra e aos quince anos tivo o seu primeiro encontro con Hugh e Brian Hopper, embrión dos Wilde Flowers, grupo raíz desde donde vai nacer o movemento do Canterbury Sound.

Nos Wilde Flowers formaron parte músicos como Hugh Hopper, Brian Hopper, Robert Wyatt, Kevin Ayers, Graham Flight, Pye Hastings, Richard Coughlan, David Sinclair e Richard Sinclair.

A música era de gran orixinalidade, con numerosas influencias, entre as que destacaban as do rock, as do jazz, as del folk e as da psicodelia. Os Wilde Flowers foron o embrión de dúas das bandas máis importantes de Canterbury: Soft Machine e Caravan. Tamén formou parte, entre outros, do grupo Camel.

Foi quen de realizar múltiples xiras mundiais desde os anos setenta, actuando nos principais espazos televisivos de Inglaterra (Top of the Pops, BBC Sigh and Sound, Beat Club, etc.).

En 1980 regresa a Canterbury para colaborar en Before A Word Is Said o novo disco dos canterburianos” National Health. En 1982 vólvese reunir a formación orixinal de Caravan para gravar Back To Front e que contaría coa participación de Mel Collins. Un disco no que sobresaen especialmente as súas cancións. Tras o disco, Richard Sinclair reduce a súa actividade musical participando con Phil Miller na súa nova banda In Cahoots e no seu disco en solitario, ademais de xirar con Hugh Hopper e máis tarde co violinista Anthony Aldridge e a súa banda Skaboosh, onde tamén estaba Andy Ward de Camel.

A década dos noventa foi de moita actividade, primeiro con dúas reunificaciós de antigas bandas como Hatfield and the North e Caravan a petición dunha canle de televisión privada para un concerto, gravacións para diversos artistas da zona de Canterbury, ata que en 1992 presenta unha nova banda á  que denomina Caravan of Dreams e na que incorpora ao seu primo David Sinclair nas teclas, Andy Ward na batería e Rick Biddulph ao baixo. Desde entonces a discografía de Richard Sinclair non fixo máis que medrar, sumando 35 discos en solitario e con diferentes grupos.

O impacto internacional de Richard Sinclair e a súa banda Caravan quedou tamén reflictido en Progarchives, a páxina de referencia a nivel mundial, que os sitúan no número 1 histórico con máis de 2.000 valoracións de expertos.

Na actualidade, Richard Sinclair reside no pobo de Martina Franca, en Italia, onde mantén a súa actividade artística con músicos locais.

Quen son Amoeba Split?

É un grupo musical de A Coruña formado a finais de 2001 que interpretan na actualidade unha música encadrada dentro do denominado jazz-rock progresivo. As influencias de Amoeba Split son principalmente bandas británicas dos años setenta, como King Crimson, Soft Machine ou Caravan, aínda que co tempo foron considerados por diversos expertos como un grupo de Sonido Canterbury.

Tras gravar en Febreiro de 2003 a súa primeira maqueta autoproducida, cuatro anos máis tarde entran en estudio para editar en Setembro de 2010 seu álbum debut, chamado Dance of the goodbyes. Este disco tivo unha gran acollida da crítica e público, con excelentes reseñas en todo o mundo, e foi nomeado pola web italiana Progawards como o Mellor álbum de debut de rock progresivo de 2010. Ademáis, ao longo de 2011 participan no prestixioso Finisterrae Prog Festival, actuando xunto con celebridades como Al Di Meola, Neal Morse y Jan Akkerman.

En abril de 2013 Amoeba Split gravan o seu segundo álbum en estudio, Second Split, lanzado en xuño de 2016 polo selo mexicano Azafrán Media. Unha vez máis, o disco recibe moi boas críticas e está considerado pola páxina especializada Progarchives como un dos mellores discos editados ese ano.

Tras a publicación de Second Split o grupo volve aos escenarios para interpretar en vivo o disco. Resultado de tales concertos, o selo Discos Pat publica en 2017 o cd Directo Mardigras’16; en 2019 A Tiempo: Una Retrospectiva 2016-2018, este último editado en cd e dvd, que recolle material da banda gravado en vídeo.

En Decembro de 2019 o grupo grava no Jazz Filloa de A Coruña unha adaptación libre e improvisada do libro Rebelión en la granja de George Orwell, concerto que está en proceso de edición e se publicará baixo o título Todos los animales son iguales.

En Agosto de 2021 Amoeba Split volven aos estudios de Santa Cruz Recording (A Coruña) para gravar o seu tercer álbum. O álbum publícase en 2023 baixo o nome de Quiet Euphoria e inmediatamente obtén excelentes críticas, ata o punto de situarse durante varios meses no número 1 de todos os discos valorados por la web Progarchives. 

Ademáis, dito sitio clasifica ao disco no segundo posto da lista dos 250 mellores discos de estudio publicados nos últimos 25 años do rock progresivo internacional, logro nunca antes alcanzado por ningún outro grupo español. 

Amoeba Split está formado por Fernando Lamas (Batería e percusión), Ricardo Castro (Teclados), Alberto Villarroya (Baixo e guitarras), Pablo Añón (Saxo alto), Eduardo Méndez Baamonde (Flauta e saxo) e Iago Mouriño (Teclados).