Semana Santa en la comarca / Actos en Moaña
San Martiño potencia o seu desencravo, cerimonia que data do ano 1673
Celébrase mañá ás 20.00 horas | Por vez primeira, distribúense carteis para dar a coñecer esta tradición
Mauro Pérez*
Este venres, e como cada Venres Santo desde o ano 1673, terá lugar na igrexa de San Martiño de Moaña a cerimonia do desencravo, acto ó que están convidados todos os veciños de Moaña e do Morrazo. Será ás 20.00 horas.
Máis alá da singularidade da escena, hai que destacar a calidade das imaxes que a compoñen. Cristo e Virxe son obra do imaxineiro galego máis importante do século XX, José Rivas, e datan do ano 1926. Paulo Blanco, estudoso da obra deste escultor, falando do Cristo do desencravo de Moaña, subliña que “é o único articulado de Rivas; os seus cristos gardan un gran parecido entre si, puidendo ser facilmente identificables. Todos eles teñen un canon alongado, facianas puntiagudas e barbas rematadas nunha ou dúas puntas.
Rivas tallou estas imaxes dándolles unha grande anchura de ombreiros e unha forte estrutura ósea. Son de destacar tamén os panos de pureza, sempre amplos e voluminosos, con infinitas dobleces, que fan que teñan un grande naturalismo a pesar da súa sinxeleza. Pódese ver que son imaxes xemelgas: temos pasos de Nazarenos, Oracións no horto das oliveiras, prendementos, via crucis, entradas en Xerusalén... con practicamente os mesmos rostros.” A Virxe, por outro lado, é o mesmo modelo de dor e sufrimento que Rivas faría para a Virxe da Piedade de Viveiro en 1944, cuns rasgos que conmoven ao espectador, chegando a comentar algunha freguesa que “só con mirala dan ganas de chorar”.
O Cristo e a Virxe son obra do imaxineiro galego José Rivas (1926)
Non podemos esquecer o elemento local que aporta a urna, de madeira e cristal, talla polo carpinteiro Manuel Martínez Pérez, veciño que foi desta parroquia moañesa.
Este ano, para promocionar e pór en valor esta cerimonia, realizouse un cartel cunha foto feita polo finado cronista oficial de Moaña Manuel Uxío García Barreiro e con edición de Alfonso L. Franco, que foi distribuido por todo o municipio. Algúns destes exemplares, colocados no centro urbano, foron arrincados na noite do sábado.
*Investigador moañés e herdeiro da documentación do finado cronista oficial de Moaña Manuel Uxío García Barreiro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Detenidas 4 personas por delito contra la seguridad del tráfico, falsedad documental y desobediencia
- “Queremos recuperar la fama de la chuleta de Moaña”
- La Policía concluye la campaña con el radar con 7 denuncias por velocidad
- Empieza a aparecer el grueso de nidos primarios de velutina
- Cangas triplica los locales con sello de calidad turística respecto a Moaña y Bueu
- La hostelería organiza la Ruta de Tapas con tres variedades y música
- La presencia de autocaravanas se dispara en Samertolaméu sin que Costas la regule
- El restaurante “Taberna A de Lino”, en la guía Repsol