Cine Club: venres día 3 proxección da película libanesa El valle de la esperanza

https://cineclubecarballiño.org/pel%C3%ADcula/el-valle-de-la-esperanza

 Empezamos o mes de maio coa proxección o venres día 3 da película libanesa El valle de la esperanza, un filme fermoso e cheo de luz, un melodrama elegante ambientado no Líbano de 1958.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Tres irmás pertencentes á alta sociedade cristiá están de vacacións nas montañas libanesas.

A tranquila vida do pobo vese sacudida polos ecos dunha revolución que retumba desde Beirut e pola chegada de dous veraneantes franceses. Porén, é no seo da familia onde se produce a axitación.

A irmá maior, Layla, perfecta nai e esposa, abrirá os ollos á sociedade patriarcal que as mantén baixo control.

No novo Líbano que soña cunha idade de ouro ¿pode unha muller ter un destino distinto ao trazado polos homes? 

Dirixido de xeito exquisito polo cineasta Carlos Chahine (que xa obtivera un gran éxito con El insulto, tamén proxectada no Cine club), conta con grandes interpretacións, entre as que destaca a veterana actriz francesa Nathalie Baye.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en versión orixinal subtitulada en castelán. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.