Javi Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javi Martínez
Información persoal
Nome Javier Martínez Aginaga
Nacemento 2 de setembro de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Lizarra
Altura 1,90 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Bayern de Múnic
Número 8
Carreira xuvenil
1993–1995 Berceo
1995–1997 Logroñés
Arenas
Izarra
2001–2005 Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2006 Osasuna B 32 (2)
2006–2012 Athletic Club 251 (27)
2012– Bayern de Múnic
Selección nacional
2005 España sub-17 5 (0)
2006–2007 España sub-19 5 (0)
2007–2011 España sub-21 24 (1)
2010– España 7 (0)
Na rede
http://www.javimartinez8.com/en
Twitter: Javi8martinez FIFA: 270714 UEFA: 98953 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de novembro de 2011.
editar datos en Wikidata ]

Javier Martínez Aginaga, nado o 2 de setembro de 1988 en Estella (Navarra), é un futbolista español. Xoga de defensa ou centrocampista e o seu actual equipo é o Qatar Sports Club

Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Destaca polo seu poderoso físico, que lle permite realizar con eficacia a presión e roubo de balón, senón tamén incorporarse ao ataque desde a segunda liña.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol con cinco anos, en Logroño, localidade natal do seu pai, cando se apuntou ás categorías infantís do equipo rioxano CD Berceo, onde estivo dúas tempadas. Despois pasou ás categorías inferiores do CD Logroñés onde estivo outras dúas tempadas, antes de incorporarse ao CD Arenas da súa localidade, Aiegi, por motivos de comodidade.[3]

Xogou despois no Club Deportivo Izarra antes de comezar como futbolista profesional na canteira de Osasuna. Na 2005-06, o adestrador Cuco Ziganda, o seu principal valedor, subiulle ao Osasuna Promesas, converténdose así no xogador mais novo da Segunda División B.

No verán de 2006, o Athletic Club fíchao pagando a súa cláusula de rescisión de 6 millóns de euros, unha cifra bastante alta tendo en conta a mocidade do xogador e a inexperiencia en Primeira División. Foi recomendado polo propio Ziganda, baseándose en que vía nel unha aposta de futuro e unha promesa futbolística.

Athletic[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada en Primeira División xogou 35 partidos e anotou 3 goles. A pesar de debutar á temperá idade de 17 anos, Javi Martínez foi unha das poucas noticias agradables do Athletic durante a tempada 2006-07, converténdose nunha peza básica no centro do campo, onde demostrou unha gran madurez e un elevado nivel de adaptación, xa que chegou a xogar ata con 4 compañeiros distintos (Ander Murillo, Andoni Iraola, Pablo Orbaiz e Ustaritz Aldekoaotalora) debido á praga de lesións que arrasou ao club nese momento.

Na súa segunda tempada, coa chegada do adestrador Joaquín Caparrós e os reforzos de Gorka Iraizoz, Aitor Ocio, Iñaki Muñoz, David Cuéllar e David López, ademais da irrupción de Markel Susaeta desde o Bilbao Athletic, Javi Martínez explotou como futbolista.

Bayern München[editar | editar a fonte]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional nas Categorías inferiores da selección de fútbol de España. Foi campión de Europa sub19 no ano 2007, e foi capitán da selección española sub-21, coa que foi campión da Eurocopa en 2011.

Foi incluído na lista dos 30 preseleccionados para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010, e posteriormente confirmado entre os 23 xogadores definitivos.[4] Xogou por primeira vez o 29 de maio de 2010 durante 15 minutos no partido amigable contra Arabia Saudita substituíndo a Xavi.

O seu debut no Mundial de Suráfrica 2010 produciuse o día 25 de xuño de 2010, no último partido da fase de grupos que enfronto acEspaña contra Chile e no que o conxunto de Del Bosque xogábase o pase a oitavos de final. Javi entrou no minuto 72 substituíndo a Xabi Alonso. España gañou por 2 goles a 1 e pasou como primeira de grupo aos oitavos de final. Finalmente, tras derrotar a Portugal, Paraguai e Alemaña, coroouse campión do mundo xunto á selección española de fútbol vencendo a Holanda na final por 0-1.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Torneo Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol 2010[4] Suráfrica Campión

Lista de partidos como internacional[editar | editar a fonte]

Data Lugar Evento Local Resultado Visitante Goles
1 29 de maio de 2010 Tivoli Neu, Innsbruck Amigable Bandeira de España España 3-2 Arabia Saudita
2 3 de xuño de 2010 Tivoli Neu, Innsbruck Amigable España 1-0 Corea do Sur Corea do Sur
3 25 de xuño de 2010 Loftus Versfeld, Pretoria Mundial 2010 España 2-1 Chile Chile
4 29 de marzo de 2011 Estadio S. Darius y S. Girėnas, Kaunas Eurocopa 2012 - Fase de clasificación Lituania 1-3 España

Estatísticas[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 24 de maio de 2011.
Club Categoría Tempada Liga Copa UEFA Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
España Osasuna B Segunda División B 2005/06 32 2 - - - - 32 2
Total club 32 2 - - - - 32 2
España Athletic de Bilbao Primeira División 2006/07 35 3 1 0 - - 36 3
2007/08 34 1 2 0 - - 36 1
2008/09 32 5 9 1 - - 41 6
2009/10 34 6 1 1 11 2 46 9
2010/11 35 4 3 0 - - 38 4
Total club 170 19 16 2 11 2 197 23

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Subcampión da Copa do Rei Athletic de Bilbao España 2009
Subcampión da Supercopa de España Athletic de Bilbao España 2009

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Eurocopa Sub-19 Selección española 2007
Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 Selección española 2010
Eurocopa Sub-21 Selección española 2011

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Seleccionado no Once de Bronce no Draft de fútbol 2006
Seleccionado no Once de Bronce no Draft de fútbol 2007
Seleccionado no Once de Prata no Draft de fútbol 2008
Seleccionado no Once de Ouro no Draft de fútbol 2009
Premio Don Balón ao xogador revelación 2010
Premio Príncipe de Asturias 2010
Trofeo Corazón de León 2010
Trofeo á regularidade pola asociación internacional de peñas do Athletic Club 2010

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. "Javi Martínez, a Suráfrica - diariodenavarra.es". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
  3. ""Siempre digo que empecé en el Berceo"". La Rioja (en castelán). 20 de marzo de 2009. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Valdés, Pedro, Javi Martínez e Llorente, as sorpresas da lista para o Mundial - Deportes - Fútbol - Marca.com". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]