Política económica anticíclica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os ciclos económicos caracterízanse pola alternancia de períodos alcistas e de recesión. As políticas económicas anticíclicas propoñen medidas estatais para superar as recesións, durante as que o capital privado non se inviste por temor ás perdas. Entre as propostas atópase a creación de emprego e empresas públicas, a baixada de impostos ou a subida de salarios co fin de restaurar o equilibrio económico.

política económica anticíclica ou contracíclica consiste no conxunto de accións gobernamentais dedicadas a impedir, superar, ou minimizar os efectos do ciclo económico.

Os ciclos económicos son fluctuaciones da actividade económica inherentes á economía e caracterizadas pola alternancia de períodos alcistas e de recesión. Os ciclos económicos son consecuencia da sobreacumulación ou sobreproducción, á cal seguen expectativas de diminución da taxa de ganancia (ou de que a taxa de ganancia sexa menor que a taxa de interese), o que provoca a redución de investimentos e a desaceleración do nivel de actividade. Diversos factores exógenos, como as crises do petróleo ou as crises financeiras, poden contribuír a reverter o ciclo ou a acentuar os seus efectos.

As políticas anticíclicas xeralmente son defendidas polos keynesianos, que consideran que o ciclo económico non tende ao equilibrio xeral, como pensaban os neoclásicos. Segundo a escola keynesiana o déficit e o investimento público é o principal instrumento de política económica para amortecer os efectos do ciclo. Así, durante a recesión, o goberno debe intervir, reducindo tributos, promovendo a expansión do crédito e aumentando o gasto, realizando investimentos que sexan capaces de estimular a economía.

Desta forma, durante unha recesión, onde o capital privado non ten expectativas de ganancia que fomenten o seu investimento, é o déficit público o que debe expandirse para poder restablecer o equilibrio económico. Da mesma forma, o inverso debe ocorrer durante a fase crecente do ciclo, nos períodos de prosperidade o Estado debe aumentar a recadación, creando un superávit para pagar as súas débedas e formar un fondo de reserva que poida ser utilizado durante os períodos de recesión ou depresión económica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]