Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barreiro: "A política está pouco coa cultura"

Barreiro: "A política está pouco coa cultura"

A mostra céntrase na obra dos últimos 60 anos (1963-2023) cun percorrido polos lugares da vida de Barreiro

Na exposición teñen presenza poemas de Oroza e escritos de Cunqueiro, Laxeiro, José Hierro ou Lugrís

Esculturas, documentos e un audiovisual que narra a traxectoria de Barreiro completan a mostra no Museo Gaiás

G24.gal 12/03/2024 15:54 Última actualización 12/03/2024 17:32

Entramos nun espazo en que a cor se compón e recompón na ollada e nas pincelada expresionista de Barreiro. Miramos e podemos ver O silencio que chove luz na xanela. É a maior exposición que se fixo ata o momento das pinturas e debuxos de José María Barreiro. Renovador do vangardismo histórico que neste percorrido lévanos tamén polos lugares e polas persoas da súa vida. De feito, foi Urbano Lugrís, o seu amigo, quen nun texto que lle dedicara hai anos, lle puxo o título a esta mostra: O silencio que chove luz na xanela

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade