Tyler Joseph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyler Joseph
Joseph actuando con Twenty One Pilots en Múnic, en 2016.
Data nacemento1 de decembro de 1988 (35 anos)
Nado enColumbus, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónMúsico, cantante, compositor e rapeiro
Xénerohip hop alternativo, electropop, indie pop e rock
Instrumento(s)Voz, ukelele, piano, keytar, baixo, acordeón, teclado
Tipo de vozTenor
Selo(s) discográfico(s)Fueled by Ramen
Relacionado conTwenty One Pilots, Whittaker, Jocef
Tempo en activo2008 - presente
PseudónimoTyler Robert Joseph
Na rede
twentyonepilots.com
IMDB: nm5888677 IBDB: 503833
Facebook: tylerrjoseph Twitter: tylerrjoseph Instagram: tylerrjoseph Last fm: Tyler+Joseph Musicbrainz: bd5caf6c-647f-4905-9426-70013d5b97b9 Discogs: 3368197 Allmusic: mn0000279444 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tyler Joseph, nado en Columbus (Ohio) o 1 de decembro de 1988, é un músico, cantante, rapeiro e compositor estadounidense, coñecido por ser o vocalista principal do dúo musical Twenty One Pilots.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tyler Joseph naceu o 1 de decembro de 1988 na cidade de Columbus, Ohio. Creceu xunto con dous irmáns, Zack (tamén cantante) e Jay, e unha irmá, Madison. A súa nai, Kelly, era mestra de matemáticas no distrito escolar de Olentangy[1] antes de pasar a ser adestradora de baloncesto na escola Olentangy Orange High School en 2013.[2] O seu pai, Chris, tamén traballou como adestrador na escola Worthington Christian High School dende 1996 ata 2005, e é director de escola. Joseph xogou ao baloncesto desde moi temperá idade,[3] e xogou como armador na escola da súa nai.[4] No ano 2008, o equipo de baloncesto de Joseph quedou en segundo lugar nun torneo estatal.[5]

Despois de ver a un compositor no club High Street, rexeitou unha bolsa de baloncesto da Universidade de Otterbein, e comezou a tocar música despois de encontrar un vello teclado no seu armario (un agasallo de Nadal da súa nai).[1][6][7]

Twenty One Pilots nun concerto. (Fondo, Joseph Dun)

Carreira[editar | editar a fonte]

Twenty One Pilots[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Twenty One Pilots.

Joseph formou Twenty One Pilots no ano 2009 en Columbus, Ohio, e logo uniríanselle os seus amigos de secundaria Nick Thomas e Chris Salih. O nome da banda xurdiu mentres lía All My Sons de Arthur Miller, unha obra sobre un home que debe decidir que é o mellor para a súa familia despois de causar a morte de vinte e un pilotos durante a segunda guerra mundial. Joseph explicou que o dilema moral da historia foi a inspiración para o nome da banda.[8] O 29 de decembro de 2009, lanzaron o seu álbum debut homónimo, e realizaron unha xira por Ohio.

A mediados de 2011, Thomas e Salih abandonaron a banda debido a problemas de horarios, e a Joseph uníuselle o batería Josh (Joshua) Dun, o seu actual mellor amigo. Tyler e Josh foran presentados por Salih, quen traballaba con Dun nunha tenda de Guitar Centre, e posteriormente invitouno a un show da banda.[9][10] O dúo lanzou o seu segundo álbum de estudio da banda, Regional at Best, o 8 de xullo de 2011, e asinou coa discográfica Atlantic Records, selo subsidiario Fueled by Ramen, en abril de 2012. En agosto de 2012, embarcáronse nunha pequena xira con Neon Trees e Walk the Moon.

O terceiro álbum do dúo, Vessel, foi lanzado o 8 de xaneiro de 2013, e quedou no posto número 58 no Billboard 200.[11] O cuarto álbum, Blurryface, foi lanzado o 17 de maio de 2015, dous días antes da súa data de lanzamento prevista.[12]

Outros proxectos[editar | editar a fonte]

Joseph tamén levou a cabo unha carreira en solitario, e posúe un proxecto musical cun EP titulado No Phun Intended.[13] O EP segue estando dispoñible para escoitar na súa conta de PureVolume, e foi gravado durante o último ano de secundaria de Joseph, entre 2007 e 2008, no seu soto.[14] A canción «Save», foi renovada e lanzada como descarga de balde no sitio web oficial de Twenty One Pilots antes de que fora dada de baixa.[15] A canción «Whisper», tamén foi lanzada a través de Internet.[16][17] No 2010, Joseph apareceu na canción «Live» do rapeiro Joseph "Jocef" Langston, xunto a outros dous rapeiros, Juda e Alon. A canción foi co-escrita por Joseph e Langston.

No 2011, Joseph foi a estrela principal do documental de tres episodios "The (moderately inspiring tale of the) Longboard Rodeo Tango". De acordo co documental, Joseph foi pasante de igrexa no seu momento.[18][19] No 2012, Joseph apareceu nun vídeo de sensibilización sobre o uso de Internet titulado Where are you? de Mark C. Eshleman, produtor de moitos dos vídeos musicais de Twenty One Pilots.[20][21] A sala empregada no vídeo é a mesma habitación na que se filmou o videoclip de "House of Gold".[22]

O 24 de decembro de 2013, en vésperas de Nadal, Joseph cantou "O come, O come, Emmanuel" en Christmas With the Stars en New Albany, Ohio. O vídeo foi subido a YouTube o 14 de febreiro de 2014.[23] Tamén realizou un segmento de maxia co anfitrión da igrexa e presentador David McCreary para o espectáculo.[24][25] En decembro de 2014, Joseph contribuíu como vocalista de apoio na canción "Sickly Sweet Holidays" escrita por Dallon Weekes de Panic! at the Disco.[26][27]

Joseph nun concerto, coa súa característica máscara.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Joseph é cristián, e a súa fe inflúe na música que escribe. Casou con Jenna Black o 28 de marzo de 2015. Tanto Joseph como Josh Dun teñen unha tatuaxe coa letra "X", que simboliza a dedicación ao seus fans na súa cidade natal de Columbus, Ohio. Joseph tamén ten outras moitas tatuaxes, e unha en común con Josh: el ten o nome do batería tatuado na perna, e Dun o de Tyler no xeonllo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Como solista[editar | editar a fonte]

Título Detalles do álbum
No Phun Intended
  • Data de lanzamento: 2008
  • Discográfia: Ningunha
  • Formato: Dixital

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 The Columbus Dispatch, ed. (18 de outubro de 2012). "With debut album set for release, Columbus duo Twenty One Pilots poised to break out". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  2. ThisWeek Sports, ed. (11 de xuño de 2013). "Joseph named coach at Orange". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  3. YouTube (ed.). "Alternative Press: Shooting Hoops with Twenty One Pilots". Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  4. worthingtonchristian.com (ed.). "Worthington Christian High School: The Light 2011 Newsletter" (PDF). p. 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  5. YouTube (ed.). "Tyler Joseph and Nick Thomas National Anthem senior night". Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  6. Columbus Alive, ed. (27 de abril de 2012). "Interview: Twenty One Pilots, part 1". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  7. YouTube (ed.). "MessiahPulse Interview: Twenty One Pilots". Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  8. "About twenty one pilots". Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  9. Huffington Post, ed. (14 de xaneiro de 2013). "Vessel: Chatting With Twenty One Pilots' Tyler Joseph, Plus Reintroducing The Johnny Stallings Arts Program and Six Market Blvd". Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  10. columbusalive.com (ed.). "Interview: Twenty One Pilots, part 1". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. I worked at Guitar Center for three years, and the old drummer, I worked with him. 
  11. "Twenty One Pilots – Music, biography, Credits and Discography: AllMusic". Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  12. Radio 104.5, ed. (17 de maio de 2015). "SURPRISE! Twenty One Pilots Release "Blurryface" Early!". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2015. 
  13. PureVolume (ed.). "Tyler Joseph's No Phun Intended on PureVolume". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  14. YouTube (ed.). "YouTube comment by Joseph's mother". Consultado o 1 de xullo de 2014. These songs were written in my basement in 2007–08, Tyler's senior year in high school. 
  15. YouTube (ed.). ""Save" (New version) on YouTube". Consultado o 18 de xuño de 2014. 
  16. YouTube (ed.). ""Whisper" on YouTube". Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  17. SoundCloud (ed.). ""Whisper" on SoundCloud". Consultado o 13 de xullo de 2014. 
  18. iTunes (ed.). "In Search Of: L.O.V.E on iTunes". Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  19. YouTube (ed.). ""Live" – Jocef (feat. Juda, Alon, & Tyler Joseph)". Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  20. whatsyourstory.trendmicro.com (ed.). ""Where Are You?" by Mark C. Eshleman, featuring Tyler Joseph". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  21. YouTube (ed.). "What's Your Story" – "Where are you?" on YouTube". Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  22. YouTube (ed.). "Twenty One Pilots: House of Gold (Original Music Video)". Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  23. YouTube (ed.). "Tyler Joseph performs "O come, O come, Emmanuel" at Five14 Church, OH on Christmas Eve". Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  24. YouTube (ed.). "Magic with David McCreary and Tyler Joseph". Consultado o 18 de xuño de 2014. 
  25. Five14church.com (ed.). "Five14 Church staff". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  26. Sharp, Tyler. Alternative Press, ed. "Panic! At The Disco, Falling In Reverse members team up for Christmas song". Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  27. "Dallon Weekes: Sickly Sweet Holidays". Bandcamp. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]