Congreso dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Congreso dos Estados Unidos de América
Logo
Tipobicameralismo
Data de fundación4 de marzo de 1789
Organización subsidiariaUnited States Government Publishing Office, Office of Congressional Workplace Rights e United States Congress Office of the Attending Physician
EnWashington, D.C.
PaísEstados Unidos de América
38°53′23″N 77°00′32″O / 38.88972222, -77.00888889
Na rede
https://www.congress.gov
Musicbrainz: f2d3daba-65e9-47ce-855d-aa159609ba69 Genius: United-states-congress Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Congreso dos Estados Unidos (en inglés: United States Congress) é o depositario do poder lexislativo dos Estados Unidos. É un órgano bicameral, composto pola Cámara de Representantes e o Senado.

A Cámara de Representantes ten 435 membros que representan un distrito congresual ó que serven por un bienio. Os postos divídense en función da poboación de cada estado. No presente, o seu número non medra, aínda que nos inicios, correspondía un representante por cada 30.000 persoas.

En troques, cada estado conta con dous Senadores, sen importar a súa poboación. Hai 100 senadores, que serven polo menos un sexenio. Tanto os representantes como os senadores son hoxe día elixidos polo pobo, aínda que nalgúns estados o gobernador pode pór un substituto no caso de que o posto dalgún senador do seu estado estea vacante.

Ambas as cámaras reúnense no edificio do Capitolio, en Washington, D.C.

Historia[editar | editar a fonte]

O Congreso dos Estados Unidos deriva do Primeiro Congreso Continental, unha reunión de representantes de doce das dezasete colonias de Gran Bretaña en Norteamérica, no outono de 1774. O 4 de xullo de 1776, o Segundo Congreso Continental declarou as Trece Colonias do leste da costa de Norteamérica (dende Xeorxia até Massachusetts do Norte ou Maine), referíndose a si mesmos como "Os Estados Unidos de América". Baixo os Artigos da Confederación, o Congreso era un órgano unicameral onde cada estado tiña igual representación, e no cal cada estado podería pór vetos en case todas as accións. A falta de efectividade deste goberno federal fixo que o Congreso convocase unha Convención, que se celebrou en 1787. Esta tiña como obxecto revisar os Artigos da Confederación, terminou escribindo unha nova constitución.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]