Margarida de Austria, duquesa de Savoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarida de Austria, duquesa de Savoia
Nacemento10 de xaneiro de 1480
Lugar de nacementoBruxelas e Bruxelas
Falecemento1 de decembro de 1530
Lugar de falecementoMechelen
Soterradaroyal monastery of Brou
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndignitary, mecenas, coleccionista, pintora e compositora
PaiMaximiliano I de Habsburgo
NaiMaría de Borgoña
CónxuxeFelisberto II de Saboia e João, príncipe das Astúrias
IrmánsCornelius of Austria, Jorge da Áustria e Filipe I de Castela
Na rede
Musicbrainz: 1b405cb6-fab6-4fb2-8634-2fd8f7744477 Discogs: 1975936 WikiTree: Habsburg-149 Find a Grave: 44732477 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Margarida de Austria, nada en Bruxelas, Bélxica o 10 de xaneiro de 1480 e finada en Malinas, Bélxica o 1 de decembro de 1530, foi arquiduquesa de Austria, princesa consorte de Asturias e de Xirona e duquesa consorte de Savoia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do arquiduque Maximiliano de Austria (daquela Maximiliano I do Sacro Imperio Romano Germánico) e de María de Borgoña, duquesa de Borgoña.

Casou con Xoán de Aragón e Castela, o fillo dos Reis Católicos, herdeiro ó trono de Castela e Aragón co título de Príncipe de Asturias. Irmá máis nova do arquiduque Filipe o Fermoso, casado con Xoana I de Castela, tamén filla dos Reis Católicos, e desta maneira tía paterna dos fillos destes: Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Germánico, Fernando I de Habsburgo, que tamén chegaría a ser emperador dos xermanos; Leonor de Austria, raíña de Portugal e logo de Francia; Sabela de Austria, raíña de Dinamarca; María de Austria, raíña de Hungría; e Catarina de Austria, raíña de Portugal.