María de Médici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de Médici
Raíña Consorte de Francia e Navarra
17 de decembro de 1600 a 14 de maio de 1610
Coroación13 de maio de 1610
PredecesorMargarida de Valois
SucesorAna de Austria

Nacemento26 de abril de 1575
Florencia
Falecemento3 de xullo de 1642
Colonia
ConsorteHenrique IV de Francia (1600-1610)
Casa realMedici
ProxenitoresFrancisco I de Médici
Xoana de Austria

Escudo de María de Médici
Na rede
WikiTree: Medici-9 Find a Grave: 9789087 Editar o valor em Wikidata

María de Médici (en italiano: Maria de' Medici), nada en Florencia o 26 de abril de 1575 e finada en Colonia (Alemaña) o 3 de xullo de 1642, foi unha nobre italiana, segunda esposa do rei Henrique IV e raíña consorte de Francia de 1600 a 1610, así como rexente durante a minoría do seu fillo Lois XIII, entre 1610 e 1614, permanecendo no poder ata 1617.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Francisco I de Médici, Gran Duque de Toscana coa súa primeira esposa, a arquiduquesa Xoana de Austria. María tivo unha infancia despreocupada ata 1578, cando morreu a súa nai. Á morte da súa muller, o Gran Duque casou coa súa amante, Bianca Cappello. A partir de entón, María de Médici púxose triste e solitaria no Palacio Pitti.

Tiña por compañía só os seus irmáns, Leonor, Ana e Filipe. Porén, Filipe morreu en 1583 e Ana en 1584. Leonor deixou a Toscana para converterse en duquesa de Mantua, casando con Vicente I Gonzaga, duque de Mantua en 1584. Como o único fillo que quedaba do primeiro matrimonio do Gran Duque, María sentiuse moi soa. O seu consolo foi a presenza do seu curmán Virgílio Orsini, e da súa amiga Leonora Galigai, que era a súa irmá de leite.

En outubro de 1587, María pasou baixo a tutela do seu tío, Fernando I, Gran Duque de Toscana, sucesor de Francisco I que morreu o 19 de outubro de 1587. Fernando I renunciou a ser cardeal e casou con Cristina de Lorena. relación conflitiva con María.

Á espera dun posible matrimonio, María converteuse nunha rapaza dedicada ao estudo, á aprendizaxe da historia, das matemáticas, da arte do debuxo, da escultura e da música. Ela herdou do seu pai o amor pola ciencia; era unha apaixonada das xoias e das pedras preciosas, polo que tamén aprendeu a distinguir o real do falso.

Familia[editar | editar a fonte]

Ascendencia[editar | editar a fonte]

Descendente[editar | editar a fonte]

Nome Nacemento Falecemento
Lois XIII de Francia 27 de setembro de 1601 14 de maio de 1643
Isabel de Francia 22 de novembro de 1602 6 de outubro de 1644
Cristina de Francia 10 de febreiro de 1606 27 de decembro de 1663
Nicolao Henrique de Francia 16 de abril de 1607 17 de novembro de 1611
Gastón de Orleáns 25 de abril de 1608 2 de febreiro de 1660
Henrietta María de Francia 25 de novembro de 1609 10 de setembro de 1669

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]