Léon Blum
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
(1937) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) André Léon Blum 9 de abril de 1872 París, Francia |
Morte | 30 de marzo de 1950 (77 anos) Jouy-en-Josas, Francia |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Lugar de sepultura | Jouy-en-Josas |
Copríncipe francés de Andorra | |
16 de decembro de 1946 – 22 de xaneiro de 1947 | |
President of the Provisional Government of the French Republic (en) | |
16 de decembro de 1946 – 22 de xaneiro de 1947 ← Georges Bidault (pt) – Paul Ramadier (pt) → | |
83º Presidente do Consello de Francia | |
16 de decembro de 1946 – 22 de xaneiro de 1947 ← Georges Bidault (pt) – Vincent Auriol → | |
Ministro das Relações Exteriores da França (pt) | |
16 de decembro de 1946 – 16 de xaneiro de 1947 ← Georges Bidault (pt) – Georges Bidault (pt) → Gabinete ministerial: Q3112255 | |
Presidente do Consello de Francia | |
13 de marzo de 1938 – 10 de abril de 1938 ← Camille Chautemps (pt) – Edouard Daladier → | |
Presidente do Consello de Francia | |
4 de xuño de 1936 – 22 de xuño de 1937 ← Albert-Pierre Sarraut (pt) – Camille Chautemps (pt) → | |
Deputado da Asemblea Nacional | |
Datos persoais | |
Residencia | house of Léon and Jeanne Blum (en) |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Henri-IV Lycée Charlemagne (en) École Normale Supérieure |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | político , crítico literario , diplomático , xornalista |
Empregador | L'Humanité (pt) |
Partido político | Sección Francesa da Internacional Obreira |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Blum (en) (1943–) Thérèse Blum (1932–1938) |
Fillos | Robert Blum (en) () |
Irmáns | René Blum (pt) |
Premios | |
|
Léon Blum, nado en París o 9 de abril de 1872 e finado en Jouy-en-Josas o 30 de marzo de 1950, foi un home político socialista francés. Foi un dos dirixentes da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) e xefe do goberno de Francia, en particular en 1936.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procedía dunha familia xudía de clase media. Estudou dereito na Sorbona e graduouse en 1894. Tivo unha carreira brillante e foi nomeado auditor no Conseil d'Etat. Estudaba unha segunda carreira de crítico literario. Pronto se converteu nunha das figuras literarias máis importantes de Francia. Blum demostrou pouco interese na política ata o Caso Dreyfus de 1894, que tivo nel un efecto traumático como en tantos outros xudeus franceses. Facendo campaña como dreyfusista entrou en contacto co líder socialista Jean Jaurès, a quen admiraba. Comezou a participar no diario socialista L'Humanité, e uniuse a SFIO (socialistas). Pronto se converteu no principal teórico do partido.
En xullo de 1914, tralo estalido da primeira guerra mundial, Jaurès foi asasinado, e Blum tomou un papel máis activo na dirección do partido. En 1919 foi elixido membro do comité executivo, e tamén representante por París ante a Asemblea Nacional francesa. En 1920 traballou duramente para evitar a ruptura entre partidarios e detractores da Revolución Rusa, pero os máis radicais se separaron, levando L'Humanité con eles e fundaron o Partido Comunista Francés. A actitude dos comunistas fronte ao Pacto xermano-soviético foi criticada por Blum, quen se distanciou entón deles. Baixo Vichy, durante a segunda guerra mundial, foi perseguido por Pétain e despois detido e condenado. As autoridades francesas entregárono aos nazis, e foi deportado en marzo de 1943 a Buchenwald. Liberado polas tropas aliadas en maio de 1945, Blum volveu á política e dirixiu o último goberno provisional antes da instauración da Cuarta República, de decembro de 1946 a xaneiro de 1947. Retirouse a Jouy-en-Josas (preto de Versalles), onde morreu aos 78 anos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Léon Blum |