Xeal reforza a acción educativa da Fundación Fernando Blanco

Xeal reforza a acción educativa da Fundación Fernando Blanco

María Couto, esda., Darío Areas e Sonia López asinaron o acordo.

María Couto, esda., Darío Areas e Sonia López asinaron o acordo. / F. F. B.

Redacción

A compañía Xeal reforza o seu apoio á Fundación Fernando Blanco, de Cee, colaborando tamén co programa O Mes da Fundación e os Premios Académicos cos que a entidade recoñece a excelencia do alumnado do institudo ao que dá nome tamén o mecenas ceense. Ademais, Xeal seguirá formando parte da rede de patrocinadores da fundación.

María Couto, directora de Xeal, asegura que “a nosa relación con esta entidade xa é histórica. Estamos totalmente aliñados cos seus obxectivos, xa que o noso compromiso en todo o que ten que ver coa formación na nosa contorna é parte fundamental dos nosos criterios ambientais, sociais e de gobernanza”. Pola súa banda, dende a Fundación Fernando Blanco, os seus directivos Sonia López e Darío Areas destacan que “Xeal é un piar fundamental para que poidamos seguir a desenvolver o labor de difusión do legado do mecenas ceense, a través de distintas actividades no eido educativo e cultural”. Agradecen tamén “o cariño e a implicación de María Couto coa nosa entidade”.