Below is a snapshot of the Web page as it appeared on 4/6/2024 (the last time our crawler visited it). This is the version of the page that was used for ranking your search results. The page may have changed since we last cached it. To see what might have changed (without the highlights), go to the current page.
Bing is not responsible for the content of this page.
Eduardo VIII do Reino Unido - Wikipedia, a enciclopedia libreSaltar ao contido
Como primoxénito de Xurxo V, Eduardo (coñecido por David en familia) tornouse Príncipe de Gales en 1910 despois da ascensión do seu pai. En 1930, Eduardo coñeceu a Wallis Simpson, unha americana divorciada. A relación amorosa non foi aceptada pola familia real, que recusou recibir a Eduardo na presenza dela, e resultou nun afastamento de Eduardo do pai e irmáns.
En xaneiro de 1936, Eduardo tornouse Rei e manifestou a súa intención de casar coa Mrs. Simpson. Após ver a súa suxestión de realizar un casamento morganático ser rexeitada polo Primeiro ministroStanley Baldwin, Eduardo VIII tomou unha decisión drástica. En decembro do mesmo ano, abdica, argumentando que non sería capaz de carregar o peso da coroa sen o apoio da muller que amaba. A coroa pasou, entón, para o seu irmán mais novo, Xurxo VI e Eduardo tornouse Duque de Windsor, revertendo a súa condición de príncipe do Reino Unido.