Constantino II de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaA Súa Maxestade Editar o valor em Wikidata
Constantino II de Grecia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Κωνσταντίνος Βʹ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Hygeia Hospital, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus
síndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Real de Tatoi Editar o valor em Wikidata
Rei de Grecia
6 de marzo de 1964 – 1 de xuño de 1973
← Paulo I de GreciaSupresión do cargo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPorto Cheli (en) Traducir (2013–2023)
Palácio Presidencial (pt) Traducir
Hampstead Garden Suburb
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeGrecia (–1994)
Reino de Grecia
Dinamarca Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa de Grecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAnavryta Classical Lyceum (en) Traducir
Victoria College (en) Traducir
Universidade de Cambridge - historia de Europa
Universidade de Atenas - xurisprudencia
NATO School Oberammergau Editar o valor em Wikidata
Altura189 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca (1964–1973), regatista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enNatación, Squash, atletismo de pista e campo (pt) Traducir e hípica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Armadas Gregas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarmariscal de campo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaReino de Grecia Editar o valor em Wikidata
DeporteKarate
vela Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de setembro de 1964Wedding of Constantine II of Greece and Princess Anne-Marie of Denmark (en) Traducir
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Grecia (1964–1973)
Crown Prince of Greece (en) Traducir (1940–1964)
Príncipe Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamilia real grega Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAna Maria, Rainha da Grécia (1964–2023)
FillosAlexia da Grécia e Dinamarca (pt) Traducir, Princesa Theodora da Grécia e Dinamarca (pt) Traducir, Príncipe Nikolaos da Grécia e Dinamarca (pt) Traducir, Paulo, Príncipe Herdeiro da Grécia (pt) Traducir, Filipe da Grécia e da Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPaulo I de Grecia Editar o valor em Wikidata  e Frederica de Hannover Editar o valor em Wikidata
IrmánsSofía de Grecia e Irene de Grecia Editar o valor em Wikidata
ParentesMargareta da Romênia (pt) Traducir (afillado, second niece (en) Traducir)
Constantino dos Países Baixos (pt) Traducir (afillado)
Jorge Mikhailovich da Rússia (pt) Traducir (afillado, second cousin once removed descending (en) Traducir, third cousin once removed descending (en) Traducir, fourth cousin once removed descending (en) Traducir)
Filipe, Príncipe Herdeiro da Sérvia (pt) Traducir (afillado, first cousin twice removed descending (en) Traducir)
Alexandre da Sérvia (pt) Traducir (afillado, first cousin twice removed descending (en) Traducir)
Guillerme de Cambridge (afillado, second cousin once removed descending (en) Traducir)
Elena de Borbón e Grecia (sobriña)
Cristina de Borbón e Grecia (sobriña)
Filipe de Borbón e Grecia (sobriño)
Leonor de Borbón (sobriña neta)
Sofía de Borbón (sobriña neta) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webgreekroyalfamily.gr… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1354704 Olympic.org: hm-king-constantine WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-59 Find a Grave: 248255441 Editar o valor em Wikidata

Constantino II de Grecia, príncipe de Dinamarca (en grego, Κωνσταντίνος B', Βασιλεύς των Ελλήνων, Konstantinos II, Vasileus ton Ellinon), nado en Atenas o 2 de xuño de 1940 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 2023, foi rei dos helenos entre 1964 e 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Constantino foi fillo do rei Paulo I e Frederica de Hannover. Pertencía á Casa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, tamén chamada Casa de Glücksburg, unha rama da dinastía danesa de Oldemburg. Casou coa princesa Ana María de Dinamarca.

Foi coñecido como Constantino de Grecia, nome oficial que figura en español no seu pasaporte diplomático danés. Utilizou o título de xeito oficial en Dinamarca, ou por cortesía nalgúns países, da súa Maxestade o Rei Constantino II de Grecia, Príncipe de Dinamarca. Os títulos da familia real grega non son recoñecidos en Grecia, onde non hai títulos nobiliarios, pero son recoñecidos oficialmente en Dinamarca xa que todos os seus membros son príncipes de Dinamarca por seren descendentes do rei Cristian IX. Foi irmán da raíña emérita Sofía de España e da princesa Irene de Grecia e Dinamarca.

O seu breve reinado estivo marcado pola inestabilidade política e pola Ditadura dos Coroneis. A comezos de 1967 un golpe de Estado militar depuxo o goberno e estableceu unha xunta militar gobernamental. O xuramento de fidelidade que Constantino, como rei e xefe do Estado, tomou a xunta militar outorgoulle un forte resentimento popular. En decembro dese ano o rei fracasou no seu intento de derrocar a xunta cun contragolpe militar, e el e mais a familia marcharon ao exilio.

En xuño de 1973 o goberno militar depúxoo como rei, feito confirmado por un referendo nacional tras a restauración do goberno civil en 1974, o que significou a fin da monarquía en Grecia, aínda que Constantino xamais renunciou aos seus dereitos dinásticos ao trono.

Realizou nas últimas décadas da vida frecuentes viaxes ao país para xestións inmobiliarias e familiares, estivo en litixio co goberno grego sobre a compensación a percibir despois de que este lle incautara as propiedades da familia real. Ten unha presenza destacada en todos os actos oficiais da realeza europea coa que está estreitamente emparentado. Durante o seu exilio de 46 anos fixou a súa residencia en Londres pero en 2013 volveu morar en Grecia.[1]

En decembro de 2021, un infarto cerebral obrigou a súa hospitalización.[2] En xaneiro de 2022 debeu ser ingresado de novo logo de contaxiarse de covid-19.[3] Faleceu en Atenas o 10 de xaneiro de 2023 aos 82 anos de idade.[4] O primeiro ministro heleno, Kyriakos Mitsotakis, trasladou o seu pésame á familia, declarando que "as feridas foran sandadas" pola "conciencia libre e madura do pobo" pero tamén pola "actitude" de Constanstino tras a monarquía.[5]

Na ficción[editar | editar a fonte]

Constantino II de Grecia, no telefilme adicado á vida da súa irmá, a raíña Sofia, titulado Sofía (2010), foi interpretado na ficción polo actor Yon González.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Greece's former king goes home after 46-year exile". the Guardian (en inglés). 2013-12-15. Consultado o 2022-01-12. 
  2. "King Constantine of Greece Suffers Stroke". knews.com.cy. Consultado o 2022-01-12. 
  3. "Constantino de Grecia está hospitalizado por covid aunque con síntomas leves". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2022-01-12. 
  4. "Πέθανε ο τέως βασιλιάς Κωνσταντίνος". www.ertnews.gr (en grego). 2023-01-10. Consultado o 2023-01-11. 
  5. "Δήλωση του Πρωθυπουργού Κυριάκου Μητσοτάκη". Ο Πρωθυπουργός της Ελληνικής Δημοκρατίας (en grego). 2023-01-11. Consultado o 2023-01-11. 
  6. Yon González
Predecesor:
Paulo I

Rei dos Helenos

1964 - 1973 (exiliado desde 1967)
Sucesor:
Georgios Zoitakis

Rexente (1967-1972)