Lista de nomes femininos en galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

A[editar | editar a fonte]

  • Abigail. Hebraico. Deus é xubiloso.
  • Acacia. Grego. Boa.
  • Ada. Do hebraico hagar (fuga, fuxitiva); Adorno ou beleza.
  • Ádega. Grego. Boa.
  • Adela. Xermano. Forma reducida de Adelaida/Adelaira, creadas sobre a raíz xermánica athala-, Nobre.
  • Adelaida. o xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Delaira.
  • Adelaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaida, Delaira.
  • Adelina. Xermano. Nobre.
  • Adolfina. Xermano. Loba nobre e ilustre.
  • Adoración. Latín. Adoración.
  • Afonsina. Xermano. Preparada para a loita.
  • África. Latín. Exposta ao sol, cálida.
  • Afrodisia. Grego. Amorosa.
  • Agar. Hebreo. Fuxitiva.
  • Ágata. Grego. Boa.
  • Agostiña. Latín. Derivado de Augusto, consagrada polos augures.
  • Agripina. Latín. Da familia romana de Agripa, a que nace de pé.
  • Águeda. Grego. Boa.
  • Aida. Exipcio. A que chega.
  • Áine. Celta. Nome mitolóxico.
  • Alana. Celta. Harmonía.
  • Alba. Latín. Aurora branca.
  • Alberta. Xermano. Totalmente nobre.
  • Albertina. Xermano. Totalmente nobre.
  • Albina. Latín. Branca. // Xermano. Amigo dos Elfos.
  • Alborada. Derivado de albor e este do latín alborem, mencer, aurora branca.
  • Albura. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense feminino.
  • Alcira. Árabe. Illa.
  • Alda. Celta. A máis fermosa. A forma masculina é Aldo.
  • Aldana, Celta. Da casa da Alda.
  • Aldara. Xermano. Insigne e sabia no combate. Variante: Ilduara.
  • Alegría. Latín. Alegría, viveza, animosidade.
  • Alexandra. Grego. Muller defensora, protectora.
  • Alexia. Grego. Defensora, protectora.
  • Alfreda. Formado a partir da forma masculina Alfredo. En Galicia nunca foi un nome moi popular.
  • Alicia. Xermano. De nobre aspecto // Grego. Real, verdadeira.
  • Alla. Grego. Ben falada. Nórdico.
  • Alma. Latín. A que fai o ben.
  • Almudena. Árabe. Cidade pequena, vila.
  • Alodia. Xermano. Terra íntegra, libre.
  • Aloia. Latín. Loanza /Galaico. Topónimo do monte sito en Tui.
  • Amabel. Latín. Que ama, amábel.
  • Amada. Latín. Amada.
  • Amadora. Latín. Que ama.
  • Amaia. Vasco. Pasto.
  • Amaina. Galaico, nome feminino galaico lucense (aparece nunha inscrición).
  • Amalia. Xermano.
  • Amancia. Latín. Que debe ser amada.
  • Amalia. Xermano. Laboriosa, traballadora, infatigábel.
  • Ambrosia. Grego. Inmortal, de natureza divina.
  • Amelia. Grego. Traballo // Xermano. Laboriosa ou valorosa.
  • América. Latín. Pertencente á cidade latina de Ameria.
  • Amil. Nórdico-galaico. Santuario.
  • Amparo. Latín. Preparación, protección.
  • Ana. do hebraico Hannah. Compaixón, graza de Deus.
  • Anacleta. Grego. Invocada.
  • Anaia. Do éuscaro: Anai(a), irmán.
  • Anais. Hebreo. Compaixón, graza de Deus.
  • Anastasia. Grego. Resurrección.
  • Anatolia. Grego. De levante, oriente.
  • Andrea. Grego. Viril, coraxosa.
  • Angustias. Angustia, aflición.
  • Anisia. Grego. Anisada, con aroma a fiúncho.
  • Antela. Galaico. Hidrónimo galego. Quizais un topónimo de orixe latina, probabel mente co significado de anta pequena.
  • Antía. Do grego Anthía, Tirada, sacada das flores, florida. Referíase ao primeiro favo de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena.
  • Antígona. Grego. Enfrontada á súa xeración.
  • Antoniña. Grego. (a través do Latín). Florida.
  • Anuncia. Latín. Anunciadora, mensaxeira.
  • Anunciación. Latín. Anunciadora.
  • Anxa. Grego. Mensaxeira.
  • Ánxela. Grego. Mensaxeira.
  • Ánxeles. Grego. Mensaxeira.
  • Anxélica. Grego. Anxelical ou propia dos mensaxeiros.
  • Anxos. Grego. Mensaxeiros.
  • Apana. Galaico. Nome céltico galaico lucense feminino.
  • Apolonia. Grego. Devota do deus Apolo.
  • Aquilina. Latín. Da natureza da aguia, aquilina.
  • Araceli. Latín. Altar do ceo.
  • Aranza. Topónimo galego, posibelmente relacionado co éuscaro Arantzazu, serra de moitos picoutos ou lugar cheo de espiños ou toxos.
  • Aránzazu. Vasco. Ti entre espiños ou toxos, Aranza.
  • Aras. Latín
  • Arcadia. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso.
  • Arduína. Celta. Deusa celta.
  • Area. Latín. Area.
  • Ariadna. Grego. Moi santa, moi rebelde.
  • Artemisa. Grego. San e salva.
  • Artusa. Grego. Coidadora da constelación da Osa.
  • Arxentina. Latín. Prateada, sonora como a prata.
  • Ascensión. Latín. Subir ao ceo, ascender.
  • Ástrida. Xermánico/Nórdico. De Astrid, posiblemente composto de astr-, ‘estrela’, e (f)ridh, ’belo, amado’. Tamén pode proceder de asa e trud, co significado de ‘Deus é fiel’. Variante: Ástride.
  • Ástride. Xermánico/Nórdico. Estrela fermosa.
  • Asunción. Latín. Subir ao ceo, ascender.
  • Asunta. Latín. Subir ao ceo, ascender.
  • Augusta. Latín. Consagrada polos augures e adiviños.
  • Aunia. Celta. Nome feminino celta.
  • Áurea. Latín. Fermosa como o ouro, espléndida.
  • Aurelia. Latín. Brillante, refulxente.
  • Aureliana. Latín. Brillante, refulxente.
  • Aurora. Latín. Aurora.
  • Avelina. Xermano. Desexada ardentemente.
  • Avia. Latín
  • Azalea. Grego. Nome de flor.
  • Azucena. Árabe. Flor, azucena.

B[editar | editar a fonte]

  • Baia. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Balbina. Latín. Da familia romana Balba, que tatexa, que balbucea.
  • Balla. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Baltasara. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei.
  • Bárbara. Grego. Estranxeira.
  • Barca. Hispano. Palabra incorporada ao latín serodio, caixón, artesa, barca.
  • Basilisa. Grego. Raíña.
  • Bastiana. Grego. Venerábel.
  • Beata. Celta.Vida.
  • Beatriz. Do latín Beatrix, derivado de beare, ‘facer feliz’. Benaventurada.
  • Begoña. Vasco. Altura ou outeiro que domina.
  • Belén. Do hebraico: Beth-lehem, nome dunha vila palestina, Casa do pan.
  • Belinda. Xermano. Defensa do guerreiro.
  • Belisa. Latín. Esvelta.
  • Bélxica. Latín. Relativo ao pobo dos Belgas.
  • Benedita. Latín. Ben nomeada, bendita.
  • Benigna. Latín. Bondadosa.
  • Benta. Latín. Ben nomeada, bendita. Variante: Bieita.
  • Benvida. Latín. Nome medieval de bo agoiro para unha filla esperada, benvida.
  • Benxamina. Hebreo. Filla predilecta.
  • Berenguela. Xermano. Guerreira preparada. Lanceira.
  • Berenice. Grego. Portadora da vitoria.
  • Bernalda.Do xermánico Bernhard, co significado de ‘guerreiro forte e audaz’, ou Bernald, ‘guerreiro vello, ilustre’. Variante: Bernarda. Osa forte.
  • Bernaldina. Xermano. Osa forte.
  • Berta. Xermano. Ilustre, famosa, brillante.
  • Bieita. Latín. Ben nomeada, bendita.
  • Bonifacia. Latín. A que fai o ben. Benfeitora.
  • Branca. do xermano blank; Branca, nobre, brillante.
  • Braulia. Xermano. Lume, espada.
  • Brenda. Celta.Espada.
  • Briana. Celta. Muller forte.
  • Brianda. Celta. Monte alto.
  • Brisda. Celta. Forza.
  • Bríxida. Celta. Poboación elevada, colonia. Forza, vitoriosa.

C[editar | editar a fonte]

  • Caetana. Latín. Alegre.
  • Calista. Do grego Kallistos, ‘belísimo, fermosísimo’. Variante: Calistra.
  • Camelia. Latín. Nome de flor.
  • Camila. Etrusco. Ministro, sacerdote.
  • Camiño. Celta. Camiño.
  • Candea. Latín. Cirio, candea, luz. Como nome propio procede de Festum Candelorium, ‘festa das candeas’. Variantes: Candeloria, Candela.
  • Candela. Latín. Cirio, candea, luz.
  • Candeloria. Latín. Cirio, candea, luz.
  • Cándida. Latín. Branquísima, luminosa, sen malicia.
  • Caridade. Latín. Amor, afecto, caridade.
  • Carina. Grego. Pura, inmaculada, graciosa.
  • Carla. Xermano. Viril.
  • Carlota. Xermano. Viril.
  • Carme. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variantes: Carmela, Carmo.
  • Carmela. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto.
  • Carmo. Hebreo, a través do portugués. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variante: Carme.
  • Carola. Xermano. Home forte, home, viril.
  • Carolina. do xermano Karl, latinizado como Carolus. Home forte, home, viril.
  • Casandra. Grego. Protectora de homes.
  • Casia. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre.
  • Casiana. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre.
  • Casilda. Árabe. Cantiga.
  • Casimira. Xermano. A que impón a paz.
  • Catarina. Do grego katharós, puro. Pura, inmaculada, graciosa. Variantes: Catuxa (tamén diminutivo), Cateliña, Cataliña, Catalina.
  • Catuxa. Grego. Pura, inmaculada, graciosa. Variante de Catarina.
  • Cebreiro, Galego. Procedente dun topónimo, úsase como nome composto: María do Cebreiro.
  • Cecía. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecilia, Icía, Cía ou Sía.
  • Cecilia. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía.
  • Ceferina. Latín. Relativa ao vento Céfiro, o que porta a vida.
  • Cela. Latín. Advocación mariana venerada en Baredo, Baiona.
  • Celeste. Latín. Pertencente ao ceo.
  • Celestina. Latín. Pertencente ao ceo.
  • Celia. Latín. Pertencente ao ceo.
  • Celina. Latín. Pertencente ao ceo.
  • Celsa. Latín. Pertencente ao ceo.
  • Celtia. Galego. Dos Celtas, de Galicia. Nome poético que Eduardo Pondal aplica a Galicia.
  • Chorima. Galego. Nome da flor do toxo, procedente do latín flor.
  • Cibrá. Latín. Habitante de Chipre. Cipriana.
  • Cía, Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Sía ou Cilla.
  • Cilla. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía.
  • Cintia. Grego. Nacida en Cintia, nome dun monte de Delos.
  • Cipriana. Latín. Habitante de Chipre. Variente: Cibrá.
  • Cira. Persa. Sol, deusa.
  • Clara. Latín. Clara, ilustre.
  • Claudia. Latín. Da familia Claudia, coxa.
  • Claudina. Latín. Da familia Claudia, coxa.
  • Clementina. Grego. Clemente.
  • Cleofe. Grego. De glorioso pai, gloriosa polos seus pais.
  • Cleopatra. Grego. Filla de glorioso pai.
  • Clodia. Latín. Da familia Claudia, coxa.
  • Cloe. Grego. Tenra.
  • Clorinda. Grego. Tilleira verde pálida, verde clara.
  • Clotilde. Xermano. Célebre, nomeada na batalla.
  • Comba. Latín. Pomba, rola, símbolo da paz e da pureza.
  • Conceizón. Latín. Acto de recibir ou concibir.
  • Concepción. Latín. Acto de recibir ou concibir.
  • Consolación. Latín. Consolarse con...
  • Constantina. Latín. Moi constante.
  • Constanza. Latín. Constante, ou constancia.
  • Cora. Grego. Moza, doncela.
  • Coral. Latín. Coral.
  • Coralia. Grego. Rapaza, doncela.
  • Cornelia. Latín. Relacionada co corno da abundancia.
  • Corona. Latín. Coroa.
  • Cósima. Grego. Educada.
  • Covadonga. Latín. Cova da señora.
  • Cristal. Grego. Xeo, cristal.
  • Cristina. Hebreo. Discípula de Cristo, unxida.
  • Cruz. Latín. Cruz, picota, tormento.
  • Custodia. Latín. O anxo gardián, coidadora.

D[editar | editar a fonte]

  • Dafne. Grego. Coroada de loureiro.
  • Dalia. Latín. Flor.
  • Damiana. Grego. A que domina, dominadora.
  • Daniela. Hebreo. Deus é o meu xuíz.
  • Danila. Xermano galaico. Antigo nome galego de orixe xermánica, composto de dans, ‘dinamarqués’, e do sufixo –ila.
  • Davinia. Hebreo. Amada.
  • Débora. Hebreo. Abella.
  • Delaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Adelaida.
  • Delia. Grego. Deusa, natural da illa de Delos.
  • Delfina. Grego. Golfiño, besta feroz.
  • Demetria. Grego. Devota de Deméter, deusa da agricultura.
  • Desideria. Latín. Desexábel, desexosa.
  • Diana. Latín. Do día, pertencente ao día, divina, celeste, luminosa.
  • Digna. Latín. Digna.
  • Dionisia. Grego. Consagrada a Dioniso, deus das festas e do viño.
  • Divina. Latín. Divina, relativa a Deus.
  • Dominga. Latín. Dedicada ou gardada para Deus.
  • Dominica. Latín. Dedicada ou gardada para Deus.
  • Domitila. Latín. Domesticadora.
  • Doa. Latín. Regalo.
  • Doce. Do latín Dulcis ‘doce’. Refírese a unha advocación mariana: o Doce Nome de María. Variante: Dulce.
  • Dora. Grego. Regalo.
  • Dores. Do latín dolores, plural de dolor e este de doleo, ‘sufrir’. Dores, sufrimentos. Dores. Nome de advocación mariana. Variante: Dolores.
  • Dorinda. Grego. Regalo.
  • Dorotea. Grego. Regalo de Deus.
  • Dosinda. Xermano. Don fermoso.
  • Dositea. Grego. Regalo de Deus.
  • Dubra. Galaico céltico. Hidrónimo do río Dubra, afluente do río Tambre significa ‘augas’.
  • Dunia. Árabe. Señora do mundo.

E[editar | editar a fonte]

  • Edelmira. Xermano. Ilustre, nobre.
  • Edenia. Hebreo. Xardín delicioso.
  • Edite. Xermano. Riqueza e combate.
  • Eduarda. Xermano. Gloriosa gardiá.
  • Eduvixes. Xermano. Guerreira vitoriosa na batalla.
  • Einés. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inesa, Inés.
  • Eira. Escandinavo. Deusa da saúde. Tamén galés: neve.
  • Elba. Celta. Alta montaña.
  • Eleonor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Lionor, Leonor.
  • Eleuteria. Grego. Liberadora, libre.
  • Eliana. Grego. Relativa ao sol.
  • Elisa. Hebreo. Deus axudou. Ou fenicio.
  • Eloísa. Xermano. Elixida.
  • Elsa. Hebreo. Deus axudou.
  • Elvia. Celta. Da alta montaña.
  • Elvira. Xermano. Amiga da lanza, nobre gardiá. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xelvira, Xeloíra.
  • Emérita. Latín. Recompensada por Deus.
  • Emiliana. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitadora.
  • Emilia. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitadora.
  • Encarnación. Latín. Encarnación, misterio relixioso.
  • Engracia. Latín. Estar en graza.
  • Enma. Hebreo. Hipocorístico de Enmanuela, salvadora.
  • Enmanuela. Hebreo. Deus está connosco, salvadora.
  • Epifania. Grego. Aparición, manifestación.
  • Erea. Galaico. A través do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irena, Iría.
  • Ermidas. Latín. Pequena igrexa solitaria.
  • Ernesta. Xermano. Combate forte, firme, tenaz.
  • Ernestina. Xermano. Firme, tenaz.
  • Escolástica. Latín. Pertencente á escola.
  • Escravitude. Latín. De escravo, nome dun pobo eslavo.
  • Esmeralda. Grego. Esmeralda, pedra preciosa.
  • Esmeraldina. Grego. Esmeralda, pedra preciosa.
  • Esperanza. Latín. Esperanza.
  • Estefanía. Grego. Coroada de loureiro, vitoriosa.
  • Estela. Do latín stellula, diminutivo de stella, estrela. Variante: Estrela.
  • Ester. Hebreo. Astro, estrela.
  • Estrela. Do latín stellula, diminutivo de stella, estrela. Variante: Estela.
  • Etelvina. Xermano. Ilustre, nobre pola súa vitoria.
  • Eudosia. Grego. De boa opinión, doutrina ou reputación.
  • Eufemia. Grego. Favorábel, eloxiosa, de bo agoiro.
  • Eufrasia. Grego. Alegría, ledicia, bo humor.
  • Eulalia. Grego. Que fala ben. Variante culta de Baia.
  • Euxea, Uxía, Grego. Ben nacida, nobre.
  • Euxenia, Uxía, Grego. Ben nacida, nobre.
  • Evelina. Celta. Agradable.
  • Exeria. Latín-galaico, á súa vez do grego egerio, ‘mover’. Levou este nome a nobre viaxeira galega que, no século IV ou V, deixou constancia da súa peregrinación a Xerusalén no seu Itinerario.

F[editar | editar a fonte]

  • Fabia. Latín. Da familia Fabia, faba.
  • Fabiana. Latín. Da familia Fabia, faba.
  • Fabiola. Latín. Da familia Fabia, faba.
  • Fara. Árabe. Alegre.
  • Faro. Grego. Procedente da illa grega de Pharos.
  • Fátima. Árabe. Doncela ou ‘a que desteta os meniños’. Fâtima era o nome da filla de Mahoma.
  • Faustina. Latín. Relativa a Fausto, favorábel, feliz.
  • Fe. Latín. Fe.
  • Fedora. Eslavo. Regalo de Deus.
  • Fedra. Grego. Brillante.
  • Felicia. Latín. Feliz, contenta, fértil.
  • Feliciana. Latín. Feliz, contenta, fértil.
  • Felicidade. Latín. Felicidade. Nome latino que expresa alegría polo nacemento dunha filla. Variante: Felícitas.
  • Felicita. Latín. Felicidade.
  • Felicitas. Latín. Felicidade.
  • Felisa. Latín. Afortunada, chea de felicidade.
  • Fernanda. Xermano. Intelixente ou atrevida na paz.
  • Fidelina. Latín. Fiel.
  • Filipa. Grego. Amiga dos cabalos.
  • Filomena. Grego. Amiga dos cantos, rousinol.
  • Fiona. Celta. De fermosos cabelos.
  • Firmina. Latín. Firme, segura.
  • Flavia. Latín. Amarela, loura. Procede do apelido dunha familia que chegou a dar tres emperadores a Roma. Deriva do adxectivo flavus, ‘dourado’, que se lles aplicaba ás persoas de cabelo louro.
  • Flor. Latín. Flor.
  • Flora. Latín. Deusa das flores.
  • Florencia. Latín. Floreada, florida, chea de flores.
  • Florentina. Latín. Florecente, brillante, resplandecente.
  • Floriana. Latín. Pertencente á deusa Flora.
  • Florinda. Latín. Floreada, chea de flores.
  • Fortunata. Latín. Afortunada.
  • Francisca. Xermano. A que quere ser libre.
  • Franqueira. Xermano. Lugar aberto; lugar dos libres. Posiblemente relacionado con francos, quizais como resultado dunha antiga colonización, é o nome do lugar onde se ergue o mosteiro de Santa María da Franqueira (A Cañiza-Pontevedra) e a Virxe do mesmo nome.
  • Frederica. Xermano. Princesa da paz, pacificadora.
  • Frida. Xermano. Paz.
  • Froitosa. Latín. Fértil, frutífera.
  • Fulxencia. Latín. Relucente, refulxente.

G[editar | editar a fonte]

  • Gabina. Latín. Da cidade de Gabio, no Lacio.
  • Gabriela. Hebreo. Forza de Deus.
  • Gala. Xermano. Muller da tribo dos galos, da Galia.
  • Galicia. Celta/galaico. Topónimo. Variante: Galiza.
  • Galiza. Celta/galaico. Topónimo. Variante: Galicia.
  • Gaspara. Persa. Administradora do tesouro.
  • Glauca. Grego. Verde, da cor do mar.
  • Glenda. Celta. Vale estreito e boscoso.
  • Gliceria. Grego. Doce.
  • Gloria. Latín. Fama, sona.
  • Goretti. Italiano. Apelido dunha santa italiana, chamada María.
  • Graciela. Latín. Grata, agradábel.
  • Graza. Latín. Graza, encanto, don. Variante: Gracia.
  • Gregoria. Grego. Vixiante, esperta.
  • Grial. Orixe descoñecida. ‘Cunca’, ‘cáliz’, máis concretamente refírese ao Santo Graal, copa que Xesús usou na última cea.
  • Griselda. Xermano. Ilustre batalla.
  • Guadalupe. Do topónimo árabe Wadi al-lub, que significa ‘río agochado’, ‘río do lobo’ ou 'Río de croios negros'.
  • Gualteria. Xermano. A que manda o pobo na guerra.
  • Gudula. Xermano. Deusa, batalla.
  • Güendolina. Bretón. Branca.
  • Guía. Do xermano witan, ‘guiar’. Persoa que guía, que conduce, escolta. Advocación mariana.
  • Guillermina. Xermano. Helmo protector.
  • Guiomar. Do xermano wig, ‘combate’, e mar, ‘célebre’. Muller ilustre, combate ilustre.
  • Gumersinda. Xermano. Muller forte.

H[editar | editar a fonte]

  • Hadriana. Latín. Nacida na Hadria.
  • Heladia. Grego. Nativa da Hélade, Grecia.
  • Helena. Do grego hellene, grega, da Grecia, muller moi bela. A través do latín Helena ou Helene. A súa etimoloxía é dubidosa. É posible que proceda da unión das palabras gregas helane, ‘facho’, ‘tea’ e hele, heile, ‘fulgor ou calor do sol’, ‘luz brillante’.
  • Helga. Xermano. Santa.
  • Helia. Grego. Sol.
  • Henriqueta. Xermano. Rica en leiras.
  • Hermelinda. Xermano. Escudo do potente.
  • Hermenexilda. Xermano. Guerreira valorosa e prudente.
  • Herminia. Xermano. Grande, forte.
  • Herodías. Grego. Gobernadora.
  • Herundina. Xermano. Deusa e esposa.
  • Hilaria. Grego. Alegría.
  • Hilda. Xermano. Batalla.
  • Hildegarda. Xermano. Gardiá da batalla.
  • Hipólita. Grego. A que solta os cabalos.
  • Hixinia. Grego. Sa, que goza de boa saúde, hixiénica.
  • Honorata. Latín. Honrada, apreciada.
  • Honoraria. Latín. Honorábel.
  • Honorina. Latín. Honorábel.
  • Hortensia. Latín. Relativa á horta.

I[editar | editar a fonte]

  • Icía. Etrusco. Cega. Variantes: Cecía, Cilla, Cecilia.
  • Ida. Xermano. Traballo, actividade.
  • Ifixenia. Grego. Forte desde o seu nacemento.
  • Ignacia. Latín. Ardente, fogosa, relacionada co lume.
  • Ilduara. Xermano. Insigne ou sabia no combate, variante: Aldara.
  • Iluminada. Latín. Con moita luz.
  • Imelda. Xermano. Forte, grande batalla.
  • Inmaculada. Latín. Sen mancha, virxe.
  • Inés. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inesa, Einés.
  • Inesa. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inés, Einés.
  • Ingrid. Sueco. Amada polo deus Ing.
  • Inocencia. Latín. Inofensiva, honesta, sen culpa.
  • Iola. Latín. Violeta, flor, derivado de viola. Variante de Iolanda.
  • Iolanda. Latín. Violeta, flor, derivado de viola. Variante de Iola.
  • Irea. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irena, Iría, Erea.
  • Irena. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irea, Iría, Erea.
  • Irene. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Forma culta. Variantes: Irena, Iría, Erea.
  • Iria. Prerromano / Galaico: Pedra, vila (Iria foi unha guerreira celta). De Iria Flavia.
  • Iría. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irea, Irena, Erea.
  • Irimia. Galaico: topónimo do antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño.
  • Iris. Do grego Eiro, ‘anunciar’, daba nome a unha deusa mensaxeira doutros deuses. Personifícase no arco da vella, por dar a impresión de que une a terra e o ceo. Tamén é nome de flor e, na relixión cristiá, é unha advocación mariana.
  • Irlanda. Celta. Terra de Erin.
  • Irma. Do xermánico irmin, ‘grande, poderoso’, epíteto do deus xermano Tiwaz ou Ziu.
  • Isabel. Hebreo. O deus Baal é saúde, saudábel. Variante: Sabela.
  • Isadora. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
  • Isaura. Grego. Habitante de Isauria, na Asia Menor.
  • Isidora. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
  • Isidra. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
  • Isolda. Xermano. Brillo poderoso.
  • Isolina. Xermano. Brillo poderoso.
  • Ivón. Vasco-cántabro. Lago, gloria.

L[editar | editar a fonte]

  • Lana. Celta. Harmonía.
  • Landelina. Xermano. Propia da súa terra, do seu país.
  • Lara. Latín. Relativa ao lar ou fogar.
  • Laura. Do nome latino Laurea, posiblemente co significado ‘coroa de loureiro’. Se cadra, o nome latino é tradución do grego Dafne, ‘loureiro’.
  • Laureana. Latín. Coroada de loureiro, vitoriosa.
  • Lea. Do hebraico Le’ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lia. Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lía bíblica. Variante: Lía.
  • Leda. Latín. alegre.
  • Lédea. Do grego Lydia, ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia menor’, xa existente entre gregos e romanos. Variante: Lidia.
  • Ledicia. Do latín Laetitia ‘ledicia’. Grande alegría. Variante: Leticia.
  • Leila. Persa. noite.
  • Leonarda. Xermano. Forte.
  • Leoncia. Grego. Semellante a un león na súa forza.
  • Leonor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Lionor, Eleonor.
  • Leopoldina. Xermano. Valente entre a súa xente.
  • Lía. Do hebraico Le’ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lia. Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lía bíblica. Variante: Lea.
  • Liberada. Latín. Liberada.
  • Liberata. Latín. Liberada.
  • Liberdade. Do latín libertatem, de transparente significado, liberdade.
  • Liboria. Latín. Consagrada aos deuses.
  • Lidia. Do grego Lydia, ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia menor’, xa existente entre gregos e romanos. Variante: Lédea.
  • Liduvina. Xermano. Pobo vitorioso ou amiga do pobo.
  • Lilia. Latín. Lirio.
  • Liliana. Latín. Pertencente aos lirios.
  • Lionor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Leonor, Eleonor.
  • Liria. Latín. Lirio.
  • Locaia. Grego. Natural da illa grega de Leucas. A través do latino Leocadia, que pode ser adaptación do grego Leukadia, ‘a branca, a resplandencente’. Variantes: Lucaia, Leocadia.
  • Lorena. Latín. Loureiro.
  • Loreto. Italiano. Bosque de loureiro.
  • Loucia. Galaico. Nome céltico galaico lucense feminino.
  • Lourenza. Latín. Coroada de loureiro, vitoriosa.
  • Lúa. Do latín luna, Lúa. Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan luminosa, bela ou inflluente coma a lúa.
  • Lucía. Latín. Nacida coa primeira luz.
  • Luciana. Latín. Pertencente á luz.
  • Lucila. Latín. Luz pequena.
  • Lucinda. Latín. Pertencente ou relativa á luz.
  • Lucrecia. Latín. Que dá beneficio e ganancia.
  • Luísa. Xermano. Latinización medieval dun nome orixinalmente xermánico que significaba ‘gloriosa na batalla’.
  • Lupa. Do alcume latino Lupus, ‘lobo’. Augura a quen leva tal nome as calidades positivas deste animal.
  • Lurdes. Francés-Occitano. Outeiro rochoso, topónimo desta localidade.
  • Luz. Latín. Luz.

M[editar | editar a fonte]

  • Mabel. Celta. Leda.
  • Macarena. Grego. Boa amiga, feliz, beata.
  • Macaria. Grego. Boa amiga.
  • Madalena. Hebraico. Natural de Magdala.
  • Mafalda. Xermano. A que combate con forza.
  • Magali. Provenzal. Perla.
  • Magnolia. Francés. Flor, magnolia.
  • Malvina. Gaélico. De fronte delicada e bela. Neve suave.
  • Manuela. Hebreo. Deus está connosco.
  • Mar. Latín. Mar.
  • Mara. Hebraico. Posible nome de orixe bíblica. Significa ‘aflita, infeliz’. Úsase tamén como variante de María, Amara e Mar e mais como diminutivo de Anxos.
  • Marcela. Latín. Dedicada ao servizo de Marte, martelo.
  • Marcelina. Latín. Dedicada ao servizo de Marte, martelo.
  • Margarida. Latín. Perla, flor.
  • María. Hebreo. Señora.
  • Mariana. Hebraico. Discípulo ou devoto de María.
  • Mariña. Latín. Proveniente do mar, mariñeira.
  • Marta. Hebraico. A que provoca, señora.
  • Martiña. Latín. Dedicada a venerar a Marte.
  • Maruxa. Hebraico. Hipocorístico de María.
  • Matilde. Xermano. Que loita con forza.
  • Maura. Latín. Habitante da Mauritania, negra, moura, escura.
  • Mauricia. Latín. Habitante da Mauritania, negra, moura, escura.
  • Máxima. Latín. A máis grande, a maior.
  • Maximiliana. Latín. A máis grande, a maior.
  • Maximina. Latín. A máis grande, a maior.
  • Maxina. Latín. A máis grande, a maior. Pode proceder do nome latino Maginus, e daquela ter o significado de ‘meiga, feiticieira’, ou ben ser unha deformación de Maxima, que en orixe significaba ‘a filla máis vella’. É o nome da protagonista da primeira novela escrita en galego: Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.
  • Melania. Grego. Negra.
  • Melba. Inglés. Regueiro.
  • Melchora. Hebreo. Iahvé é a luz, raíña da luz.
  • Melina. Latín. Doce.
  • Melinda. Grego. Harmoniosa.
  • Melisa. Grego. Abella.
  • Mencía. Galego. É unha incógnita a orixe e significado deste antigo nome galego.
  • Mercé. Latín. Favores, grazas, dons. Nome da Virxe desta advocación, patroa de Barcelona. A palabra mercé significou inicialmente ‘mercadoría’, ‘prezo’ e posteriormente ‘misericordia’, ‘perdón’. Variantes: Mercés, Mercedes.
  • Mercedes. Latín. Favores, grazas, Dons.
  • Mercés. Latín. Favores, grazas, dons.
  • Meritxell. Latín (a través do catalán). Pura, de moito mérito.
  • Micaela. Hebraico. Quen é como Deus. Deus é xusto.
  • Miguela. Hebraico. Quen é como Deus. Deus é xusto.
  • Milagres. Latín. Marabilla, milagre, prodixio.
  • Minerva. Latín. Deusa da sabedoría.
  • Minia. Xermano- galaico. grande, forte. De orixe incerta, quizais etrusca. Tamén evoca o nome latino do río Miño (Minius) que, máis dunha vez, se relacionou co minium, ‘cinabrio’, ‘minio’, ‘óxido de ferro ou de chumbo, mercurio ou arsénico’.
  • Mireia. Latín. Marabilla, espello.
  • Míriam. Hebraico. Señora.
  • Mirta. Grego. Flor do mirto.
  • Modesta. Latín. Moderada, modesta.
  • Moira. Celta / Galaico. Virxe María, señora, a elixida.
  • Mónica. Grego. Solitaria.
  • Montserrat. Catalán. Monte en forma de serra.
  • Mor. Galego. Se cadra, este nome procede dunha advocación da Virxe: a da basílica de Santa María a Maior ou Mor.
  • Morgana Celta. Muller do mar.
  • Muma. Galaico-latino. Quizais un antigo nome latino Mummia, en relación con mamma, ‘naiciña’, ‘seo da muller’, termo do vocabulario infantil existente en case todas as linguas.
  • Muriel. Celta. Brillante coma o mar.

N[editar | editar a fonte]

  • Nadia. Ruso. Esperanza.
  • Narcisa. Grego. Flor, narciso, adormentadora.
  • Natalia. Latín. En conmemoración do natal. Variante: Nataxa.
  • Nataxa. Adaptación do ruso Nataxa, diminutivo de Natalija (Natalia), que á súa vez procede do latín natalis e significa ‘natal, relativo ao nacemento’. Variante: Natalia.
  • Natividade. Latín. Xeración, nacemento.
  • Navia. Galaico. Deusa galaica das fontes, ríos e mares. Procede dun topónimo. A súa orixe parece levarnos a unha raíz nav-, ‘embarcación, nave’ e pode aludir a paisaxes en forma de nave (nava).
  • Nazaré. Do grego Nazaréth, a través do latín Názareth, adaptacións do antigo nome hebreo para esta cidade de Palestina, Nasrat, que significaba ‘a gardiá, a gardadora’.
  • Nelida. Grego. Descendente de Néstor ou Neleo.
  • Nemesia. Latín. Devota de Némese, deusa da xustiza.
  • Nerea. Grego. Nome dunha deusa grega do mar.
  • Nereida. Grego. Filla de Nereo. Referente a Nereo.
  • Neves. Latín. Neve.
  • Nicanora. Grego. Vencedora de homes.
  • Nicasia. Grego. Vencedora, vitoriosa entre o pobo.
  • Niceta. Grego. Vencedora, vitoriosa.
  • Nicolasa. Grego. Vencedora do pobo, co pobo.
  • Nidia. Grego. Limpa.
  • Nina. Hebreo. Fermosa, linda.
  • Noa. Hebreo. Repouso. Probablemente se trate do feminino de Noé ou quizais proveña do latín Noa, antiga cidade da Etiopía. Podería tamén proceder do hebreo Noah, relacionado con No’am, ‘delicia’, e con niham, ‘aliviar’.
  • Noela. Galaico. Topónimo que algúns investigadores consideran que corresponde ao nome medieval da actual vila de Noia. Variante: Noega
  • Noelia. Francés. Referente ao Nadal.
  • Noemí. Hebreo. A miña ledicia. Variante: Noemia.
  • Noemia. Do hebraico No’omi, derivado do substantivo no’am ‘alegría, ledicia’, que probablemente significaba ‘a miña ledicia’ ou ‘Deus é ledicia, Deus é amor’. Variante: Noemí.
  • Norberta. Xermano. Famosa muller do norte.
  • Noreia. Celta. Deusa celta.
  • Norma. Latín. Norma, prescrición // Xermano. Muller do norte. Probablemente se trate da forma feminina de Norman, nome inglés común antes da conquista normanda, procedente do anglosaxón Northman, ‘home do norte’, ‘noruegués’.
  • Nuria. Catalán. Advocación da Virxe no Val de Nuria (Xirona).

O[editar | editar a fonte]

  • Oalla. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Oballa. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Obdulia. Árabe. Servidora de deus.
  • Octavia. Latín. A que facía o número oito, oitava.
  • Odilia. Xermano. Bens hereditarios, riqueza.
  • Ofelia. Grego. Utilidade, axuda, serpe.
  • Olaia. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Olalla. Grego. Ben falada, elocuente.
  • Olegaria. Xermano. Pobo antigo.
  • Olga. Ruso. Alta, divina, invulnerábel. Nome ruso de orixe escandinava, posiblemente do antigo noruegués Helga. Parece derivar dunha abreviación de nomes que teñen por primeiro elemento heil, ‘saúde’, que orixinariamente significaba ‘invulnerable’.
  • Olimpia. Grego. Do monte olimpo, residencia dos deuses.
  • Olinda. Xermano. Lanceira da illa.
  • Oliva. Latín. Oliva. Variante: Olivia.
  • Olivia. Latín. Oliva. A póla da oliveira é o símbolo da paz na Biblia e da sabedoría e da gloria en Grecia. Variante: Oliva.
  • Onda. Latín. Onda do mar.
  • Oriana. Latín. A que naceu.
  • Orosia. Latín. Que ten moita boca, moi faladora.
  • Otilia. Xermano. Bens hereditarios, patria.
  • Ovidia. Latín. Pastora de ovellas.

P[editar | editar a fonte]

  • Paderna, forma feminina e evolucionada de Paterno, do latín Paternus. Significa ‘paterno, pertencente ao pai’.
  • Palmira. Latín. Referida ao domingo de palmas.
  • Pancracia. Grego. Omnipotente, que posúe todo o poder.
  • Pandora. Grego. A que ten todos os dons, todos os regalos.
  • Pánfila. Grego. Amiga total, amiga de todos.
  • Pascuala. Hebreo. Pertencente á Pascua.
  • Pascualina. Hebreo. Pertencente á Pascua.
  • Pastora. Latín. Muller que coida o rabaño.
  • Pastoriza. Latín. Relativa á pastora.
  • Patricia. Latín. Paisana, da patria, de pai rico e nobre.
  • Paula. Latín. Pequena, miúda.
  • Paulina. Latín. Pequena, miúda.
  • Paz. Latín. Paz.
  • Pelaxia. Grego. Mariñeira, muller de mar.
  • Penélope. Grego. Fíos inchados, pano, tea.
  • Peregrina. Latín. Que vai polo campo.
  • Perfecta. Latín. Perfecta.
  • Perpetua. Latín. Constante, eterna, perpetua.
  • Petra. Latín. Pedra firme como a rocha.
  • Petronia. Latín. Dura como unha pedra, como un coio.
  • Petronila. Latín. Feita de pedra, de rocha.
  • Petunia. Latín. Flor, petunia.
  • Pía. Latín. Veneradora dos pais, devota, piadosa.
  • Piedade. Latín. Piedade.
  • Pilar. Latín. columna.
  • Polixena. Grego. Hospitalaria.
  • Pomba. Latín. Pomba, rola. Esta ave é animal sagrado de Venus, símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo.
  • Pompea. Do latín Pompeius, nome dunha gens romana. Probablemente teña relación co numeral sabino pompe, ‘cinco.
  • Porfiria. Grego. Da cor da púrpura.
  • Portal. Latín-galego. Diminutivo de porta. É nome dunha advocación mariana do convento de Belvís (Santiago de Compostela).
  • Pracida. Latín. Tranquila, apracíbel.
  • Preciosa. Latín. Preciosa, bela, de grande valor ou estima.
  • Presentación. Latín. Presentar, facer visíbel.
  • Primitiva. Latín. Primitiva, orixinaria.
  • Prisca. Latín. Antiga, venerábel.
  • Priscila. Latín. Antiga, vella, venerábel.
  • Próspera. Latín. Próspera.
  • Prudencia. Latín. Prudencia.
  • Pura. Latín. Pura, Casta.
  • Purificación. Latín. Purificación, expiación.

Q[editar | editar a fonte]

  • Quitera, grego. Túnica curta. Do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtibero, ou de Kyteria, Kythereia en grego, epíteto de Venus Afrodita que significaba ‘da cidade de Citeres, en Creta’. Variantes: Quiteria, Quitérea.

R[editar | editar a fonte]

  • Rafaela. Hebreo. Deus nos garde.
  • Raimunda. Xermano. Divina protección.
  • Ramona. Xermano. A que protexe polo consello, famosa.
  • Raquel. Hebreo. Ovella, gando.
  • Rebeca. Hebreo. Corda, ligamento.
  • Reimunda. Xermano. Conselleira protectora.
  • Reis. Latín. Reis.
  • Remedios. Latín. Medicina, remedio.
  • Renata. Latín. Nacida para unha nova vida.
  • Restituta. Latín. Restituída á fe, á salvación.
  • Rexina. Latín. Raíña.
  • Rita. Latín. Aférese de margarida, perla, flor.
  • Robustiana. Latín. Moi forte, fortísima.
  • Roca. Latín. Rocha, pedra.
  • Rosa. Latín. Rosa, flor.
  • Rosalía. Non está clara a súa orixe, aínda que o máis probable é que se trate do nome xermánico Ruozelin, formado sobre a raíz hroth-, ‘fama, sona’.
  • Rosalinda. Latín. Rosa fermosa, bela // Xermano. Escudo da fama.
  • Rosamunda. Xermano. A que protexe pola súa fama.
  • Rosario. Latín. Derivado de rosa, xardín de rosas.
  • Rosaura. Latín. Rosa de ouro.
  • Rosenda. Xermano. O camiño da fama, da gloria.
  • Roxana. Persa. Brillante.
  • Roxelia. Xermano. Vitoriosa, esperta, gloriosa pola súa lanza.
  • Roxeria. Xermano. Vitoriosa, esperta, gloriosa pola súa lanza.
  • Rufina. Latín. Pertencente á familia rufa, de pelo rubio.
  • Rufa. Latín. De pelo rubio.
  • Ruperta. Xermano. Gloriosa.
  • Rute. Do hebraico Ruth. Amizade, compaña, beleza. Variante: Ruth (variante gráfica).

S[editar | editar a fonte]

  • Sabela, Do Hebraico Elixeba. O deus Baal é saúde, ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’. Variante: Isabel.
  • Sabina, Latín. Orixinaria do país dos Sabinos, Italia.
  • Sabrina, Celta. Hidrónimo.
  • Sagrario, Latín. Lugar sagrado.
  • Saladina, Árabe. De fe moi pura.
  • Saleta, Francés. Topónimo desta localidade francesa. Nome derivado dunha advocación mariana, como homenaxe á virxe aparecida na Salette (Francia).
  • Salomé, Hebreo. Pacífica, perfecta, harmoniosa.
  • Salustiana, Xermano. Que goza de boa saúde.
  • Salvadora, Latín. Salvadora, que salva.
  • Salvia, Latín. Salvada.
  • Samanta, Arameo. Que escoita.
  • Sara, Hebreo. Princesa.
  • Sarela, galaico. Forma diminutiva de Sar, que deriva do céltico ou precéltico sar, ‘corrente de auga’.
  • Saturnina, Latín. Dedicada ao Deus Saturno (do grego, farto, saciado, saturado).
  • Sebastiana, Grego. Venerábel, augusta.
  • Secundina, Latín. A segunda.
  • Segunda, Latín. A segunda.
  • Selene, Grego. Lúa.
  • Selma, Árabe. Que ten paz.
  • Serafina, Hebreo. Purificadora.
  • Serapia, Grego. Sol, procedente de divindades exipcias.
  • Serena, Latín. Muller tranquila.
  • Severa, Latín. Severa, firme, seria.
  • Severina, Latín. Severa, firme, seria.
  • Sía, Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Cilla.
  • Sibilina, Grego. Profetisa.
  • Silvana, Latín. Selvática, do bosque.
  • Silvia, do latín Silvius, que significa ‘do bosque, boscoso’.
  • Silvina, do latín Silvius, que significa ‘do bosque, boscoso’.
  • Simona, Hebreo. Deus escoitoume.
  • Sinforosa, Grego. Acompañante.
  • Sira, Latín. Orixinaria de Siria.
  • Socorro, Latín. Socorro, auxilio.
  • Sofía, Grego. Sabedora, sabedoría.
  • Soidade, Latín. Soidade.
  • Sol, Latín. Sol.
  • Sonia, Ruso. Sabedoría.
  • Suevia, Latín. Terra dos suevos, xermanos que invadiron a Península Ibérica e que se estableceron en Galicia, onde reinaron por cerca dun século.
  • Susana, Do hebraico xuxân, ‘lirio’, posibelmente de orixe exipcia. Nome persoal semítico transmitido a través do grego Susanna e Susanná. Lirio, azucena.

T[editar | editar a fonte]

  • Tais, Grego. A que se gaba.
  • Talia, Grego. Fértil, abundante.
  • Tamara, Hebreo. Palmeira. // Árabe. Dátil.
  • Támara, Galaico. É un nome de río convertido en antropónimo, pois evoca a Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta.
  • Tania, Ruso. Fiel ao pai.
  • Tareixa, Grego. Cazadora, animal salvaxe.
  • Tarsila, Grego. Valente.
  • Tasia. Orixinalmente era un diminutivo de Anastasia (nome grego formado sobre anastasis, ‘resurrección’), pero independizouse e adquiriu categoría de nome oficial. Variante: Anastasia.
  • Tatiana, ruso (do Grego). Fiel ao pai.
  • Tecla, Grego. Marabillosa, gloria de Deus.
  • Tegra, Grego. Marabillosa, gloria de Deus.
  • Teodora, Grego. Regalo de Deus.
  • Teodosia, Grego. Doazón de Deus.
  • Teodolinda, Xermano. Escudo do pobo.
  • Teófila, Grego. Amiga de Deus.
  • Teresa, Grego, a través do castelán. Cazadora, animal salvaxe.
  • Timotea, Grego. Temerosa de Deus.
  • Tita, Latín. Protexida, honrada.
  • Tomasa, Arameo. Xemelga.
  • Trega, Grego. Marabillosa, gloria de Deus. Do latín eclesiástico Thecla, formado sobre o grego Thekla, ‘que ten fama por causa dos deuses’. Variantes: Tecra, Tegra, Tecla, Técola, Tiexa.
  • Trindade, Latín. Trindade, número de tres.

U[editar | editar a fonte]

  • Ubalda, Xermano. Intelixente e valorosa.
  • Ulla, Celta-galaico. Xoia do mar. É un nome de río de orixe descoñecida que se introduciu como nome de muller.
  • Ulrica, Xermano. Gobernante poderosa.
  • Ultreia, Grego. Adiante.
  • Urbana, Latín. Habitante da cidade, cortés, educada.
  • Urraca, Xermano. Uro, nome de animal.
  • Úrsula, Latín. Osa pequena.
  • Uxía, Do grego Eughéneia, ben nacida, nobre. Variantes: Euxenia, Euxea, Oxea.

V[editar | editar a fonte]

  • Val, Latín. Val.
  • Valentina, Latín. Que vale, robusta.
  • Valeria, Latín. San, forte.
  • Valeriana, Latín. San, forte.
  • Vanda, do xermánico vand, ‘espírito, alento’.
  • Venancia, Latín. Cazadora. Que pode ser vendida.
  • Veneranda, Latín. Digna de ser venerada.
  • Vera, do ruso Vèra, ‘fe’, procedente do latín verus, vera, ‘verdadeiro’. Nalgunhas linguas funciona como diminutivo de Verónica.
  • Verísima, Latín. Moi verdadeira.
  • Verónica, Grego. Imaxe verdadeira.
  • Vicenta, Latín. Vencedora, que vence.
  • Violante, Latín. Viola ou violeta, nome de flor.
  • Violeta, Latín. Flor, violeta.
  • Viridiana, Latín. Xardín verde.
  • Virtudes, Latín. Virtudes, forza, vigor.
  • Virxilia, do latín Vergilius ou Virgilius, nome dunha gens romana.
  • Virxinia, Latín. Virxinal.
  • Visitación, Latín. Visita.
  • Vitoria, Latín. Vitoriosa.
  • Viviana, Latín. Vividora, vital, que vive.

X[editar | editar a fonte]

  • Xacinta. Grego. Flor.
  • Xandra. Grego. A que torna o inimigo. En paralelo coa recente expansión polo mundo do diminutivo italiano Sandra, produciuse en Galicia idéntico proceso con este diminutivo de Alexandra.
  • Xaquelina. Hebreo. A segunda, a que ven detrás.
  • Xasmín. Persa. Xasmín, flor.
  • Xasmina. Persa. Xasmín, flor.
  • Xeila (Sheila). Celta. Variante de Sile (nome irlandés do latín: Celia, do outeiro).
  • Xela. Hipocorístico de Anxela. Esta é unha das posibles formas femininas do nome masculino Anxo, do latín eclesiástico Angelus e, este, do grego ággelos, ‘mensaxeiro’. Variantes: Anxa, Anxela.
  • Xeloíra. Hispano. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xelvira, Elvira.
  • Xelvira. Hispano. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xeloíra, Elvira.
  • Xema. Latín. Xema, pedra preciosa.
  • Xenara. Latín. Relativa ao mes de xaneiro.
  • Xenerosa. Latín. Xenerosa.
  • Xenevra. Celta. A máis branca entre os elfos. Branca coma a escuma do mar. A través do francés Genièvre, da forma anglonormanda Guennièvre e, pola súa vez, do galés Gwenhwyvar, ‘espírito, elfo luminoso’ ou ‘que brilla no medio dos elfos’.
  • Xenia. Grego. Hospitalaria.
  • Xenoveva. Xermano. Muller de boa estirpe, muller nobre. Celta: escuma do mar.
  • Xenxa. Latín. Variante de inocencia. Inofensiva, honesta, sen culpa.
  • Xeorxina. Grego. Labrega.
  • Xeraldina. Xermano. Forte coa lanza, forte, fiel.
  • Xermana. Xermano. Irmá.
  • Xerónima. Grego. Nome santo.
  • Xertrude. Xermano. Amiga da lanza, fiel.
  • Xervasia. Xermano. Aguda como un venablo.
  • Xesusa. Hebraico. Salvadora.
  • Xiana. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
  • Xilda. Bretón-Celta. Valiosa, valente.
  • Ximena. Hebreo. Deus escoitoume.
  • Xisela. Xermano. Frecha, forte pola sabedoría.
  • Xiomara. Árabe derivado do xermano. Ilustre na guerra
  • Xoana. Hebreo. Deus é misericordioso.
  • Xoaquina. Hebreo. Deus construirá.
  • Xonxa. Latín. variante de Asunción. subir ao ceo, ascender.
  • Xosefa. Hebreo. sentada á dereita de deus, regalo de deus.
  • Xosefina. Hebreo. sentada á dereita de deus, regalo de deus.
  • Xudite. Do hebraico Yehudit, ‘xudía, hebrea’, adaptado ao grego e ao latín como Judith

ou Iudith. Variante: Xudit.

  • Xulia. Latín. Xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
  • Xuliana. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
  • Xulieta. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
  • Xunqueira. Latín. Lugar cheo de xuncos, xunqueira.
  • Xusta. Latín. Xusta, recta, de lei.
  • Xustina. Latín. Xusta, recta, de lei.
  • Xuventina. Latín. A que posúe xuventude ou mocidade.
  • " Xacia". Grego. Muller metade persoa metade peixe das augas galegas

Z[editar | editar a fonte]

  • Zaida, Árabe. A que medra, desenvolvida. Derivado do verbo Zaada, co significado de ‘a que medrou’, ou

ben feminino de Zaid, antropónimo masculino.

  • Zaira, Árabe. Florida.
  • Zeltia, Terra dos celtas, aparace na obra de Eduardo Pondal
  • Zenobia, Grego. Vida doada por Zeus.
  • Zoe, Grego. Vida.
  • Zoraida, Árabe. Graciosa.
  • Zulema, Árabe. Pacífica.
  • Zulima, Árabe. Pacífica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]