Beatriz de Nürnberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz de Nürnberg
Nacemento1362
Lugar de nacementoNúremberg
Falecemento10 de xuño de 1414 e 1395
Lugar de falecementoPerchtoldsdorf
SoterradaCatedral de Santo Estevo de Viena
Ocupaciónaristócrata
PaiFrederico V, Burgrave de Nuremberga
NaiIsabel da Mísnia
CónxuxeAlbert III, Duke of Austria
FillosAlberto IV, Duque da Áustria
IrmánsIsabel de Nuremberga, Katharina von Nürnberg, Agnes von Nürnberg, Margaret of Hohenzollern-Nuremberg, Frederico I de Brandemburgo e João III, Burgrave de Nuremberg
Na rede
WikiTree: Nürnberg-9
editar datos en Wikidata ]

Beatriz de Nürnberg, tamén coñecida como Beatriz de Hohenzollern (en alemán: Beatrix; nada en Nürnberg en 1362 e finada en Perchtoldsdorf o 10 de xuño de 1414,[1][2] foi duquesa consorte da Austria polo seu casamento con Alberte III de Habsburgo (duque de Austria de 1348 a 1395).[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Representación de Alberte III con súas dúas esposas, Sabela (á esquerda) e Beatriz (á dereita), no Castelo de Perchtoldsdorf.

Era filla de Frederico V, burgrave de Nuremberg e da súa esposa Isabel de Misnie.[4]

O 11 de decembro de 1374 asinouse o contrato de matrimonio entre Beatriz e Alberte, fillo de Alberte II de Austria e de Xoana de Pfirt, en Passau, na actual Baviera. Casaron algúns meses despois o 4 de marzo de 1375, en Viena.

A primeira esposa do duque foi Sabela da Bohemia, filla do emperador Carlos IV, que morreu en 1373, sen ter fillos. Beatriz gobernou como duquesa a carón da súa cuñada, Viridis Visconti, esposa de Leopoldo III. En 1379, deixou de ser duquesa de Austria, a consecuencia do Tratado de Neuburgo, nos cales as terras foron divididas entre o seu marido e o irmán, Leopoldo III. Leopoldo ficou coa Austria Anterior, alén doutros dominios xa incorporados (Estiria, Carintia e Carníola), e Alberte quedou coa Alta Austria e a Baixa Austria.[5]

O duque e a duquesa tiveron só un fillo, o duque Alberte IV de Austria, quen casou en 1390 con Xoana Sofía de Baviera.[3]

Faleceu o 10 de xuño de 1414, en Perchtoldsdorf, na Baixa Austria. Foi enterrada na Catedral de Santo Estevo, en Viena.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BAVARIA, NOBILITY". fmg.ac (en inglés). 26 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  2. "Beatrix von Hohenzollern". thepeerage.com (en inglés). 16 de xullo de 2005. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Louda & MacLagan (1995), p. 156.
  4. Omato (2001), p. 201.
  5. Beller (2006), p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beller, Steven (2006). A Concise History of Austria (en inglés). Cambridge/Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521478861. 
  • Louda, Jiri; MacLagan, Michael (1995). Les Dynasties d'Europe : héraldique et généalogie des familles impériales et royales (en francés). París: Bordas. ISBN 2-04-027115-5. 
  • Ornato, Monique (2001). Répertoire prosopographique de personnages apparentés à la couronne de France aux XIVe et XVe siècles (en francés). París: Publications de la Sorbonne. ISBN 2-85944-442-4.