Ann Sheridan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnn Sheridan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Clara Lou Sheridan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Denton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Desaparición
Morte21 de xaneiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de fígado e cancro do esófago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHollywood Forever Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles
Denton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of North Texas (en) Traducir
Denton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor em Wikidata - 1967 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Brent (pt) Traducir (1942–1943)
Edward Norris (pt) Traducir (1936–1938) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0792130 Allocine: 6935 Rottentomatoes: celebrity/ann_sheridan Allmovie: p65207 TCM: 176061
Discogs: 3202040 WikiTree: Sheridan-1140 Find a Grave: 3488 Editar o valor em Wikidata

Clara Lou "Ann" Sheridan, nada en Denton, Texas, o 21 de febreiro de 1915 e finada nos Ánxeles o 21 de xaneiro de 1967, foi unha actriz e cantante estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clara Lou Sheridan naceu en Denton, Texas, en 1915, a máis nova dos cinco fillos (Kitty, Pauline, Mabel e George) de George W. Sheridan e Lula Stewart (de solteira Warren).[1][2] Cando era estudante, a súa irmá Kitty enviou unha fotografía dela a Paramount Studios. Como consecuencia diso gañou un concurso de beleza, que como parte do premio incluía aparecer nun filme do estudio.[3] Abandonou os estudos para facer carreira en Hollywood.

Debutou no cinema en 1934, aos dezanove anos, no filme Search For Beauty, e durante uns anos participou en diversos filmes da Paramount sen constar nos títulos de crédito.[4] Como outros colegas contratados, Sheridan traballou coa profesora de teatro da Paramount Nina Mouise e representou obras no estudio como The Milky Way e The Pursuit of Happiness. Cando estaba en The Milky Way, Paramount decidiu cambiarlle o nome polo da súa personaxe no filme, Ann.[5]

En 1935, Paramount renunciou a renovarlle o contrato.[6] Sheridan rodou Fighting Youth (1935) para Universal e entón asinou un contrato con Warner Bros. en 1936.

A carreira de Sheridan comezou a mellorar. A beleza rubia axiña se converteu no máximo sex symbol da Warner. "Oomph" describiuse como "un algo indefinible que dirixe o interese masculino".[7] En marzo de 1939, Warner Bros. anunciou que Sheridan fora votada por un comité de 25 homes como a actriz con máis "oomph" dos Estados Unidos.[7] Tras iso, foi etiquetada como "The Oomph Girl", alcume que dixo que detestaba.[8][9][10] Sheridan foi unha popular pin-up a principios da década de 1940.

Recibiu papeis importantes, así como reaccións positivas tanto da crítica como do público en filmes como Angels with Dirty Faces (1938), xunto a James Cagney e Humphrey Bogart; Dodge City (1939) con Errol Flynn e Olivia de Havilland; Torrid Zone con Cagney (1940); They Drive by Night con George Raft e Bogart (1940); The Man Who Came to Dinner (1942) con Bette Davis, e Kings Row (1942), onde compartiu a cabeceira do elenco con Ronald Reagan, Robert Cummings e Betty Field. Coñecida pola súa boa voz para o canto, Sheridan tamén participou en musicais como Thank Your Lucky Stars (1943) e Shine On, Harvest Moon (1944). Dúas das súas mellores interpretacións foron nos éxitos Nora Prentiss e The Unfaithful, ambos de 1947.

A pesar destes éxitos, a súa carreira comezou a declinar. O seu papel en I Was a Male War Bride (1949), dirixido por Howard Hawks e interpretado por Cary Grant, deulle outro grande éxito, mais na década de 1950 foille complicado atopar traballo e as súas aparicións na pantalla foron esporádicas.

Sheridan apareceu na serie de televisión Another World a mediados dos anos sesenta,[11] e despois iniciou un papel na serie Pistols 'n' Petticoats. Enfermou durante a rodaxe da primeira temporada e faleceu por mor dun cancro de esófago[12] con metástase no fígado. O 19.º episodio da serie, "Beware the Hangman", emitiuse como estaba previsto o mesmo día dos eu pasamento en 1967.[13] Sheridan fora unha fumadora empedernida. O seu corpo foi incinerado e as súas cinzas depositáronse no crematorio Chapel of the Pines dos Ánxeles ata que se enterraron definitivamente no Hollywood Forever Cemetery en 2005.[14]

Pola súa contribución á industria cinematográfica, Ann Sheridan ten unha estrela no Paseo de la Fama de Hollywood, no 7024 de Hollywood Boulevard.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sheridan casou co actor Edward Norris en Ensenada, México o 16 de agosto de 1936.[15] Separáronse o ano seguinte e divorciáronse en 1939. Casou en 1942 co seu compañeiro da Warner Bros. George Brent, mais divorciáronse xusto un ano despois. Tralo seu divorcio, tivo unha relación co publicista Steve Hannagan que durou ata a morte del en 1953. Hannagan legou a Sheridan 218 399 dólares.[16] O 5 de xuño de 1966 casou co actor Scott McKay, co que estaba cando morreu sete meses despois.[17] Sheridan non tivo fillos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Search for Beauty (1934)
  • Bolero (1934)
  • Come on Marines (1934)
  • Murder at the Vanities (1934)
  • Shoot the Works (1934)
  • Kiss and Make Up (1934)
  • The Notorious Sophie Lang (1934)
  • Ladies Should Listen (1934)
  • You Belong to Me (1934)
  • Wagon Wheels (1934)
  • The Lemon Drop Kid (1934)
  • Mrs. Wiggs of the Cabbage Patch (1934)
  • Ready for Love (1934)
  • Star Night at the Coconut Grove (1934, curtametraxe)
  • Behold My Wife (1934)
  • Limehouse Blues (1934)
  • Enter Madame (1935)
  • One Hour Late (1935)
  • Home on the Range (1935)
  • Rumba (1935)
  • Car 99 (1935)
  • Rocky Mountain Mystery (1935)
  • Mississippi (1935)
  • The Red Blood of Courage (1935)
  • The Glass Key (1935)
  • The Crusades (1935)
  • Hollywood Extra Girl (1935, curtametraxe)
  • Fighting Youth (1935)
  • Sing Me a Love Song (1937, escenas eliminadas)
  • Black Legion (1937)
  • The Great O'Malley (1937)
  • San Quentin (1937)
  • Wine, Women, and Horses (1937)
  • The Footloose Heiress (1937)
  • Alcatraz Island (1937)
  • She Loved a Fireman (1937)
  • The Patient in Room 13 (1938)
  • Out Where the Stars Begin (1938, curtametraxe)
  • Mystery House (1938)
  • Little Miss Thoroughbred (1938)
  • Cowboy from Brooklyn (1938)
  • Letter of Introduction (1938)
  • Broadway Musketeers (1938)
  • Angels with Dirty Faces (1938)
  • They Made Me a Criminal (1939)
  • Dodge City (1939)
  • Naughty But Nice (1939)
  • Winter Carnival (1939)
  • Indianapolis Speedway (1939)
  • The Angels Wash Their Faces (1939)
  • Castle on the Hudson (1940)
  • It All Came True (1940)
  • Torrid Zone (1940)
  • They Drive by Night (1940)
  • City for Conquest (1940)
  • Honeymoon for Three (1941)
  • Navy Blues (1941)
  • The Man Who Came to Dinner (1942)
  • Kings Row (1942)
  • Juke Girl (1942)
  • Wings for the Eagle (1942)
  • George Washington Slept Here (1942)
  • Edge of Darkness (1943)
  • Thank Your Lucky Stars (1943)
  • Shine On, Harvest Moon (1944)
  • The Doughgirls (1944)
  • One More Tomorrow (1946)
  • Nora Prentiss (1947)
  • The Unfaithful (1947)
  • The Treasure of the Sierra Madre (1948, cameo)
  • Silver River (1948)
  • Good Sam (1948)
  • I Was a Male War Bride (1949)
  • Stella (1950)
  • Woman on the Run (1950, tamén coprodutora)
  • Steel Town (1952)
  • Just Across the Street (1952)
  • Take Me to Town (1953)
  • Appointment in Honduras (1953)
  • Come Next Spring (1956)
  • The Opposite Sex (1956)
  • Woman and the Hunter (1957)
  • The Far Out West (1967)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bubbeo, Daniel (2010-06-21). The Women of Warner Brothers: The Lives and Careers of 15 Leading Ladies, with Filmographies for Each (en inglés). McFarland. ISBN 978-0-7864-6236-0. 
  2. "Miss Pauline Sheridan Weds in Oklahoma". Denton Record-Chronicle (Denton, Texas). 27 de marzo de 1931. p. 5. Consultado o 17 de xuño de 2016 – vía Newspapers.com. 
  3. "Denton Girl Wins World Contest; to be Given Part in Paramount Movie". Denton Record-Chronicle (Texas, Denton). 9 de setembro de 1933. p. 1. Consultado o 17 de xuño de 2016 – vía Newspapers.com. 
  4. "Ann sheridan, film star, dies.". Chicago Tribune. 22 de xaneiro de 1967. Modelo:ProQuest. 
  5. Hagen, Ray (17 de setembro de 2004). Killer Tomatoes: Fifteen Tough Film Dames. McFarland. pp. 171. ISBN 978-0786418831. 
  6. "Ann Sheridan Reveals "Love at Sight" Wedding". Chicago Daily Tribune. 30 de agosto de 1936. p. 18. 
  7. 7,0 7,1 "Ann sheridan voted leading 'oomph' girl by jury of 25 men.". Chicago Daily Tribune. Mar 18, 1939. Modelo:ProQuest. 
  8. "Ann Sheridan, Actress, Born Clara Lou Sheridan on Feb. 21, 1915 in Denton, Texas, Died Jan. 21, 1967 of cancer in Los Angeles, California", by Paul Houston, Los Angeles Times, 22 de xaneiro de 1967
  9. "When a Woman Could Be an Oomph Girl", by Art Rogoff, The New York Times, 12 de setembro de 1988.
  10. "The Oomph Girl" Arquivado 03 de xuño de 2013 en Wayback Machine., Classic Cinema Gold, 21 de febreiro de 2012
  11. Crawford, Linda (30 de xuño de 1966). "Ann Sheridan Slips Into TV Soap Opera". Chicago Tribune. p. m4. 
  12. "Why the Forgotten Ann Sheridan Deserves to Be Remembered". Best Movies by Farr. Consultado o 2020-08-10. 
  13. "Pistols and Petticoats", en Single Season Sitcoms, 1948–1979: A Complete Guide, por Bob Leszczak (McFarland, 2012) p155
  14. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2006. Consultado o 2006-02-19. 
  15. "Ann Sheridan and Edward Norris Wed". Denton Record-Chronicle (Texas, Denton). 31 de agosto de 1936. p. 4. Consultado o 17 de xuño de 2016 – vía Newspapers.com. 
  16. May 7, 1956; Stephen J Hannagan Will; File No. P 440/1953; Surrogates Court in the County of New York; Hall of Records.
  17. "Ann Sheridan Biography". Remembering Ann Sheridan. Consultado o 23 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]