Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1111 (MCXI ) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario xuliano , en vigor naquela data.
Inscrición "ANFUS REX ", na fachada das pratarías da Catedral de Compostela , realizada para sinalar a coroación no 1111 de Afonso VII como rei de Galiza[ 1] [ 2] [ 3] .
Xaneiro : A irmandade de cabaleiros galegos partidaria da raíña Urraca pon baixo asedio o príncipe Afonso Raimúndez e á súa aia Maior Guntroda na fortaleza de Castrelo do Miño [ 4] .
Xaneiro : Arias Pérez , líder dos partidarios de Urraca , captura mediante engano á condesa de Traba e o seu protexido Afonso Raimúndez . Xelmírez tamén e retido brevemente [ 5] .
Xaneiro : Pedro Froilaz e Xelmírez entrevístanse no río Tambre . Xelmírez achégase ao partido do infante Afonso . Envían legados para facer a paz con Urraca .[ 5]
Xaneiro : Urraca , enemistada con Henrique de Borgoña e, novamente, co seu marido Afonso de Aragón , acepta compartir a coroa co seu fillo Afonso Raimúndez [ 5] .
Xaneiro : Arias Pérez libera o príncipe Afonso , á condesa Guntroda e os seus fillos. Pedro Froilaz e Xelmírez danlle garantias de renunciar á vinganza.
30 de xuño - Munia Froilaz , da casa de Traba , funda o Mosteiro de San Salvador de Pedroso en Narón .
17 de setembro : Pedro Froilaz e o bispo Xelmírez coroan rei de Galiza a Afonso Raimúndez na Catedral de Compostela [ 6] .
Outubro : Os burgueses de Lugo , partidarios de Afonso I de Aragón , entregan a cidade a Pedro Froilaz e Xelmírez [ 6] .
Outubro : Batalla de Viadangos : Após coroaren rei a Afonso VII en Compostela, os nobres galegos tentan coroalo tamén en León sendo interceptados e derrotados por Afonso I de Aragón na vila de Viadangos (Villadangos )[ 6] .
Outubro : Pedro Froilaz é capturado na batalla de Viadangos . Diego Xelmírez foxe co rei-neno Afonso e entrégallo á súa nai Urraca no castelo do Orcellón (na castela ourensá)[ 6]
↑ Castiñeiras, Manuel (2012). Las portadas del crucero de la catedral de Santiago (1101-1111) . Alfonso VI y su legado. Actas del Congreso Internacional, Sahagún, 29 de octubre al 1 de noviembre de 2009 : IX Centenario de Alfonso VI (1109-2009) (Diputación de León). p. 217. ISBN 978-84-89410-22-0 .
↑ Williams, John (2015). "¿España o Toulouse? Observaciones medio siglo después" (PDF) . Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela ed.) (14): 284. ISSN 1579-7414 .
↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia . A Nosa Terra. p. 370. ISBN 978-84-8341-293-0 .
↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 157.
↑ 5,0 5,1 5,2 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 161.
↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. pp. 174–177.