I.E.S. MANUEL GARCÍA BARROS DA ESTRADA

Recollida de títulos oficiais de Bacharelato e ESO

Xa están dispoñibles os títulos de Bacharelato ou ESO  do alumnado que rematou os seus estudos no ano 2022.  Todo  alumnado que finalizou os estudos neste ano ou nos anteriores deberá pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título se aínda non o recolleu.

 ** Nota (Se acabaches a ESO noutro Instituto deberás pasar a recoller o título nese centro)

Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025

Está xa aberta a convocatoria do Ministerio de Educación.  Só pode solicitala o alumnado que para o curso 2024-25, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria. (É dicir, o alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato).

Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025  é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e máis adiante poderás cambialos.

Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación,

(no centro non hai que facer nada)

Tes toda a información necesaria neste enlace.

Día do libro na MeGaBiblioteca

Mañá martes, 23 de abril, no primeiro recreo, celebraremos o día do libro na MeGaBiblioteca. Están convidados/as todos/as os/as usuarios/as.
Só por asistir recibirán como agasallo un libro máis unha "sorpresa" ...
Esperámosvos!

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2º da ESO do noso centro participou no día de onte nos actos conmemorativos do Día da EF na Rúa na Estrada. Actividade organizada pola Agrupación Deportiva Escolar da Estrada na que máis de 350 escolares de 9 centros educativos do noso concello se reuniron na vila para darlle visibilidade e reivindicar a importancia da materia de educación física.

Nesta ocasión a convocatoria do COLEF busca promover a importacia da edución física e concienciar sobre a necesidade de aboradar a súde mental na poboación infantil e adolescente.

Novas de hoxe en relación ao evento: Faro e La Voz.

Fotos na galería Flickr.


Receitas de Lectura

Dende a MeGaBiblioteca seguimos pendentes da saúde lectora da comunidade educativa coa quinta entrega da serie de "Receitas de Lectura".

Neste mes de abril será o departamento de Educación Física quen nos prescriba á lectura de "Subcampeón", especialmente indicada para persoas interesadas polo mundo do fútbol pero tamén para outras completamente alleas, que simplemente teñan conciencia ou curiosidade polos temas de saúde mental.
"Subcampeón" es una autobiografía desternillante, cruda y honesta, entre la comedia y la angustia, cocinada a cuatro manos entre Gurrutxaga y Ander Izagirre, que discurre entre los bares de música bakalao de Elgoibar y las discotecas pijas de Madrid, que salta de la consulta de la psicóloga a la playa de Copacabana, y por donde desfilan personajes como Javier Clemente, Toshack o David Bustamante. Un libro que se lee como un tobogán: rápido, divertido y con un poco de miedo.
 

Xinkana matemático-literaria

Co gallo da celebración do día PI  o alumnado da ESO participou nunha xinkana matemático-literaria na que debían resolver varios enigmas e acertixos cuxas respostas aparecían agochadas nunha serie de libros relacionados coa matemática. Por suposto, os mellores detectives matemáticos tiveron a súa recompensa! Queres saber quenes foron os máis audaces? Mira na galería de fotos.
A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca.


Receitas de Lectura

Dende a MeGaBiblioteca continuamos ocupándonos da saúde lectora da comunidade educativa coa cuarta entrega da serie de "Receitas de Lectura".


Neste mes de abril será o departamento de Economía quen nos prescriba á lectura de "El libro prohibido de la economía", especialmente indicado para os lectores con inquedanzas sobre a realidade económica.
 

Visita dos amigos de Amboage

O pasado venres tivemos o pracer e o honor de recibir no noso Centro a unha representación da veciña Residencia Amboage. Pasamos un moi bo rato compartindo con estes amigos unha 1ª tourne pola noso instituto (vestíbulo/cafetería/biblioteca -con acompañamento e guía por parte dos seus responsables) e amenizado polo alumnado de Coro de 1º de Bach.
O grupo foi recibido pola vicedirectora e acompañado dende o minuto 1 polo alumnado de 2º da ESO que desenvolve este curso a materia Proxecto Competencial todos os xoves na súa Residencia. Grazas a tod@s @s que fixestes posible esta extraordinaria experiencia.

Máis fotos da visita na nosa galería Flickr.

Alumn@s do MGB na Masterclass COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Pablo Brey Arca, Alejandro Cobas Correa e Fernando Sanmartín Sangiao participarán o venres 12 de abril na MASTERCLASS “COMPUTACIÓN CUÁNTICA” organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

 

Poderán desfrutar dunha actividade científica a nivel internacional, con charlas sobre o mundo da computación cuántica e unha sesión práctica na que terán a oportunidade de utilizar un ordenador cuántico.

 

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón:

 

https://indico.cern.ch/event/1395459/overview

 

Excursión de 4º ESO a Tenerife

Dos días 16 ao 20 do pasado mes de marzo o noso alumnado de 4º de ESO desfrutou da súa viaxe de fin de etapa a Tenerife. Participaron en distintas actividades como a visita ao Parque Natural do Teide, Siam Park e Loro Park.

Estiveron acompañad@s pol@s profesor@s Alejandra Pérez, Anxo Fernández e Brais Prieto.

Algunhas das fotografías pódense consultar na nosa galería Flickr.

Xornadas de UniStem Day

O venres 22 de marzo os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de Bioloxía e Anatomía asistiron á xornada do UniStem Day, dedicada á investigación sobre células nai, organizada polo grupo de investigación da enfermidade de Parkinson do CIMUS en Santiago de Compostela.

Charla para 1º Bacharelato

O xoves 21 de marzo, o alumnado da área de Bioloxía e Anatomía de 1º de bacharelato gozaron dunha charla formativa sobre os ósos que conforman o noso corpo, impartida polo profesor da UDC Isaac Fontes.

Máis fotos na nosa galería Flickr.

Concurso de Microrrelatos e micropoemas "Luisa Villalta"

O ENL do IES García Barros comunicou na pasada semana as persoas gañadoras no Concurso de Microrrelatos e micropoemas "Luisa Villalta" do ano 2023-2024, convocado por todos os Equipos de Normalización Lingüística do concello, e que representarán por tanto, ao noso centro, na XI Festa das Palabras que terá lugar no vindeiro mes de Maio no Teatro Principal da Estrada.

Noraboa a todas as persoas que participaron no centro, complicando moito a escolla dos gañadores e gañadoras, que finalmente foron:

Na categoría de Micropoemas:
Mariano Ramírez Hurtado, 2º ESO B
Antía Pérez Lodeiro, 4º ESO B
Andrés Díaz Vázquez, 1º BAC C

Na categoría de Microrrelatos: 
Hugo González Porto, 2º ESO B
Carla Campos Valcárcel, 4º ESO A
Soledad Zixía Chedas Ferrín, 2º BAC A
Queda todo o mundo convidado a asistir á Festa das Palabras!

Visita a Santiago

O 5 de marzo de 2024 o Departamento de Xeografía e Historia realizou unha saída cultural a Santiago para os alumnos de 2º de bacharelato que cursan Xeografía, Historia da Arte e Patrimonio de Galicia.

Os alumnos/as de Xeografía, acompañados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na XV Olimpíada de Xeografía, na facultade de Xeografía e Historia, convocada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Os alumnos de Arte e Patrimonio de Galicia, acompañados pola profesora Beatriz Mera Pérez, foron visitar, mentres tanto, o casco histórico de Santiago, o Pazo de Xelmirez, a Catedral, as cubertas e o museo da mesma.  

Pola tarde todo o grupo visitou o Pórtico da Gloria, a Casa do Cabido e o Museo das Peregrinacións.

Pódense consultar as fotos da actividade na nosa galería Flickr.

Día Internacional da Muller

O alumnado de 4º de ESO na materia de dixitalización e o alumnado de 1º BAC na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, participaron na realización de dúas actividades para comemorar o Día Internacional da Muller que se celebrou este venres pasado, 8 de marzo. En 4º ESO dedicáronse a editar algunhas imaxes para crear unha composición e en 1º BAC crearon o xogo de "quen é quen" feito con cartón que posteriormente decoraron. En ámbolos dous casos as imaxes de partida eran de mulleres científicas de contrastada relevancia tales como: Begoña Vila, Ángeles Alvariño, Idoia Ochoa, Laura Lechuga, María Blasco... e tamén Ada Lovelace e Marie Curie.
Toda persoa interesada poderá ver no pasillo que vai á biblioteca do MGB algunhas desas imaxes expostas na parede e se alguén quere xogar un pouco a "quen é quen" poderá levalo a cabo no interior da biblioteca.
Podedes ver algunhas fotos da xornada na nosa galería Flickr.
Distribuir contido