CPI da Cañiza |
Skip to Content

Benvidos ao CPI da Cañiza

                                                  

                                                                         

                                                                           

 


                            

 

 

 

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Dende o CPI da Cañiza informamos que todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2024-2025 no centro foi admitido. Nestes días colgaremos os listados na conserxería para que poidades comprobalo. 

BECAS MEC

 

Máis información sobre as Becas MEC e o proceso para solicitalas premendo na imaxe.

 

 

MENÚ COMEDOR ABRIL 2024

Este mes de abril, dende o comedor do CPI da Cañiza, viaxamos a Perú! Esperamos que desfrutedes desta viaxe. Adxuntamos o menú no enlace de abaixo.

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 18 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "Establecemento de normas e límites" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

Aberto o prazo de presentación das solicitudes de admisión  do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

 

Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.

 

A solicitude pode facerse:

de xeito presencial  no centro.

* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

 

Aquí podedes atopar un MANUAL para as familias para facer a solicitude en liña e máis información ao respecto.


Tamén podedes descargar os impresos aquí para traelos xa cubertos ao centro.

IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE

 

Para comprobar as rutas e paradas do autobús, podedes acceder a este enlace:

PARADAS AUTOBÚS CPI DA CAÑIZA

 

FORMACIÓN USO DAS TICS PARA AS FAMILIAS

 

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 4 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "uso e risco das TIC" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

Mostras do menú de febreiro

Aquí podedes ver as mostras dos nosos menús de febreiro. 

 

 

 

 

 

 

MENÚ COMEDOR MARZO 2024

Deixámosvos por aquí o menú de marzo de 2024 do noso comedor. Seguindo coa "volta ao mundo", este mes viaxaremos a Xapón para coñecer a súa gastronomía.

 

SEMANA DA PAZ EN SECUNDARIA, 2024

Entra na imaxe para ver a nosa semana pola paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut