Outro home relevante para o p�sito de Burela: o bispo Leopoldo Eijo Garay

Outro home relevante para o p�sito de Burela: o bispo Leopoldo Eijo Garay

HERMINIA PERNAS OROZA

BURELA

Cedida

Os av�s paternos eran naturais da localidade burelense e ti�an parentes en Cervo

16 may 2024 . Actualizado a las 08:32 h.

Naceu en Vigo, no barrio do Areal, o 11 de abril de 1878 no seo dunha familia humilde. O seu pai era mari�eiro e a nai serv�a na casa da adi�eirada familia Tapias, que acabar�a apadri�ando ao neno despois da morte do pai, afogado no mar. Cando esta familia se trasladou a Sevilla, Leopoldo e m�is a s�a nai marcharon con eles; e foi nesta cidade onde o rapaz cursou os estudos eclesi�sticos, primeiro na Universidade sevillana e, posteriormente en Roma, onde se doutorou en Filosof�a, Teolox�a e Dereito Can�nico.

A s�a carreira eclesi�stica foi brillante; aos 36 anos recibe o nomeamento de bispo de Tui; aos 39, o de bispo de Vitoria, e aos 45 tomou posesi�n da cadeira episcopal de Madrid-Alcal�. Neste cargo mant�vose durante corenta anos, sendo o seu, o pontificado m�is longo da Igrexa espa�ola contempor�nea, que finalizou o d�a da s�a morte, acaecida o 31 de xullo de 1963. O Papa P�o XII�out�rgalle en 1946,� con car�cter honor�fico, o t�tulo de� “Patriarca das Indias Occidentais”.

Paralelamente � carreira eclesi�stica desenvolve a s�a vida cultural. Eijo Garay foi membro da Real Academia Espa�ola (1927), do Consello do Reino, do�Instituto de Espa�a, da Pontificia Academia Romana de Santo Tom�s, da Academia de Ciencias Morais e Pol�ticas (1932) e da Real Academia Galega.

Logo de sinalar os trazos m�is salientables da s�a biograf�a, agora c�mpre explicar o vencello deste bispo coa localidade de Burela, onde ten unha r�a dedicada. Tr�tase, sinxelamente, dun v�nculo familiar xa que os seus av�s paternos eran naturais desta vila, e ademais tam�n ti�a parentes no veci�o concello de Cervo. Era curm�n seu o indiano Emilio Rodr�guez Eijo (nado en Cui�a en 1873 e emigrado a Arxentina en 1892). Ning�n dos dous esqueceron as s�as orixes, convert�ndose en benfeitores do concello cervense.

Porto refuxio

Corr�a o ano 1925 cando o p�sito burelao andaba � procura dun porto de refuxio para as s�as embarcaci�ns, ancoradas en mar aberto. Precisamente este era un dos puntos que expuxo o presidente do p�sito, Domingo Gonz�lez, nunha carta dirixida ao ministro de Fomento, explicando tal necesidade. Eijo Garay era bispo de Madrid polo que se lle fixo esta encomenda que el tomou como asunto persoal, realizando as xesti�ns oportunas ante as altas instancias administrativas. A solicitude foi aprobada en 1930 pero faltaba a contrata das obras. Neste labor resultou fundamental a axuda de cinco persoas: o bispo Eijo Garay, os enxe�eiros C�sar Conti Fern�ndez, Jos� de la Pe�a Gavil�n, C�ndido Fern�ndez L�pez e Manuel Becerra Fern�ndez; ademais de Ram�n Corti�as, que por aquel ent�n era gobernador civil de Burgos.

Todos seguiron paso a paso o expediente ata que o Consello lle deu autorizaci�n ao ministro de Fomento para que realizase a poxa das obras, cuxo presuposto de contrata importaba a cantidade de 1.202.514,62 pesetas. O decreto foi asinado polo rei Afonso XIII e o ministro de Fomento, Leopoldo Matos y Massieu, o d�a 25 de outubro de 1930. Un ano m�is tarde, todas estas persoas foron nomeadas pola xunta directiva presidentes honorarios do p�sito como agradecemento polas s�as xesti�ns. Eijo Garay foi testemu�a do reinado de Afonso XIII, quen pediu para el o seu nomeamento como bispo de Madrid; dos convulsos anos da ditadura de Primo de Rivera; da Segunda Rep�blica —era amigo persoal de Manuel Aza�a e de Manuel Garc�a Morente, alumno e m�is tarde profesor da Instituci�n Libre de Ense�anza—; da Guerra Civil e da consolidaci�n do r�xime franquista.

Parece que se lle negou o rango de arcebispo a unha persoa de tanta val�a intelectual como “castigo” por fuxir da s�a diocese para librarse da vaga de terror que invadiu Madrid durante o ver�n e outono de 1936. Neste contexto hai que situar as Brigadas de Investigaci�n, para quen resultaban sospeitosos de traiz�n cantos militaran nas filas da CEDA, Falanxe Espa�ola, Uni�n Militar Espa�ola ou experimentaran sentimentos mon�rquicos e crenzas relixiosas, como era o caso de Eijo Garay, quen se zafou da persecuci�n relixiosa desencadeada neses momentos.

Parece que se lle negou o rango de arcebispo a unha persoa de tanta val�a intelectual como “castigo” por fuxir da s�a diocese para librarse da vaga de terror que invadiu Madrid durante o ver�n e outono de 1936. Neste contexto hai que situar as Brigadas de Investigaci�n, para quen resultaban sospeitosos de traiz�n cantos militaran nas filas da CEDA, Falanxe Espa�ola, Uni�n Militar�Espa�ola ou experimentaran sentimentos mon�rquicos e crenzas relixiosas, como era o caso de Eijo Garay, quen se zafou da persecuci�n relixiosa desencadeada neses momentos.

O d�a 17 de xullo de 1936 Santiago Casares Quiroga, ministro de Gobernaci�n e presidente do Consello de Ministros, poucas horas antes de dimitir, avisou a Eijo Garay con estas palabras: �M�rchese cuanto antes de Madrid porque hoy respondo de su vida, pero ma�ana ya no podr� responder de ella�. Esa mesma tarde o bispo abandonaba a capital, cami�o de Vigo, provisto dun pasaporte que lle proporcionara no �ltimo momento o propio Casares Quiroga.

Desde o comezo da Guerra Civil manifestou unha devota implicaci�n co bando rebelde; participando na redacci�n da Carta Colectiva do episcopado, de 1937,�onde a Igrexa Cat�lica proclamaba �el sentido cristiano de la guerra� e a necesidade de exterminar a un inimigo �ateo y extranjero�.

Cando rematou a contenda, foi o propio Eijo Garay quen organizou o d�a 20 de maio de 1939 a entrada de Franco baixo palio na igrexa de Santa B�rbara de Madrid, arroupado por dezanove bispos.

Os cargos que desempe�ou durante o franquismo foron moitos: Conselleiro Nacional de Falanxe, procurador en Cortes e membro do Consello de Rexencia Conselleiro do Movemento, Conselleiro do Reino e membro do Consello de Rexencia, e ata exerceu a Xefatura de Estado xunto ao presidente das Cortes, Esteban Bilbao, e o tenente xeneral Miguel Ponte y Manso de Z��iga, do 22 ao 27 de outubro de 1949, durante unha viaxe oficial de Franco a�Portugal.

Co pasamento deste persoeiro no 1963, a vila mari�eira de Burela quixo agradecer o que fixeron pola xente do mar un bispo e un mestre, e designou cos seus nomes senllas r�as da localidade.

* Herminia Pernas Oroza, Cronista Oficial de Burela