A continuación aparece una instantánea de la página web tal y como aparecía en 22/05/2024 (la última vez que nuestro rastreador la visitó). Esta es la versión de la página que se usó para la clasificación de los resultados de búsqueda. Puede que la página haya cambiado desde la última vez que la guardamos en caché. Para ver lo que puede haber cambiado (sin la información destacada), ve a la página actual.
Bing no se hace responsable del contenido de esta página.
Sant Pere de Vilamajor - Wikipedia, a enciclopedia libreSaltar ao contido
O municipio sitúase no extremo setentrional da comarca do Vallès Oriental, no límite meridional do coñecido coma Pla de la Calma. A súa densidade de poboación é moi baixa. A parte norte do concello é moi montañosa e sitúase dentro dos límites do Parque Natural do Montseny. Esta zona vivía da gandería e da explotación forestal. Hoxe en día, o sector turístico vive un certo auxe. A parte sur é a máis poboada, con preto do 90% do censo. Se antigamente a agricultura era o sector fundamental, hoxe son a construción e os servizos os sectores económicos máis salientábeis.
A localidade ten a súa orixe en asentamentos romanos, que posteriormente deron lugar a pequenas poboacións medievais. No século XI, o condado de Barcelona construíu un palacio, que servía de repouso ós viaxantes e nobres que viaxaban dende Barcelona a Xirona. Coa construción do palacio, comezou a época de esplendor da vila. No 1148, un forte terremoto destruíu o palacio e gran parte das vivendas. Posteriormente no 1604, construíuse na antiga localización do palacio, unha igrexa de estilo gótico e renacentista. Porén a vila entrou en decadencia e foise ruralizando cada vez máis. Na segunda metade do século XX, volveuse vivir un forte crecemento da vila mediante a construción de urbanizacións.
Ademais do importante patrimonio natural (o Parque Natural do Montseny ocupa o 61% do termo municipal), hai importantes mostras de arquitectura relixiosa e civil. Cómpre citar o castelo de Vilamajor, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Elías ou a reitoría de Vilamajor, actualmente transformada en centro de arte.