Pedro I de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro I de Serbia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre Ier de Serbie Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1844 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Belgrado Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1921 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Belgrado Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOplenac (en) Traducir 44°14′50″N 20°41′01″L / 44.2472, 20.6836 Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Reino de Serbia
Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Militar Especial de Saint-Cyr (pt) Traducir (–1862)
First Belgrade Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarField marshal (Serbia and Yugoslavia) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKing of Serbia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Karagjorgjevich Editar o valor em Wikidata
CónxuxeZorka de Montenegro (1883–valor descoñecido)
FillosHelena da Sérvia (pt) Traducir, Alexandre I de Iugoslavia, Jorge, Príncipe Herdeiro da Sérvia (pt) Traducir, Milena av Serbia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexandre Karađorđević (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Persida Nenadović (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPrince Arsen of Yugoslavia (en) Traducir e Kleopatra Karađorđević (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Karađorđević-14 Find a Grave: 8365253 Editar o valor em Wikidata

Pedro I de Serbia (en serbocroata Petar I Karadjordjević / Петар Карађорђевић I), nado en Belgrado o 29 de xuño de 1844 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1921, tamén camado Pedro I Karadjordjević e coñecido como o Rei Pedro o Libertador, foi rei de Serbia de 1903 a 1918 e, desde o 1 de decembro dese ano, o primeiro rei dos Serbios, Croatas e Eslovenlos reino que, desde o principio, foi chamado coloquialmente Iugoslavia no reino e no resto de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do knez Alexandre Karadjordjević de Serbia e a súa consorte, a princesa Persida Nenadović. O príncipe Alexandre abdicou en 1858 e levou ao seu fillo con el ao exilio, na actual Romanía.

Estudou en Xenebra, pero pasou a maior parte do seu exilio en Francia, onde recibiu formación militar en París e Metz.[1] Participou na guerra franco-prusiana de 1871 como oficial do exército francés. Nunha ocasión, durante a guerra, despois de ser separado da súa unidade, evitou a súa captura cruzando a nado as augas conxeladas do Loira.

Durante o levantamento dos serbios contra o Imperio Otomán (1876) en Bosnia e en Herzegovina, Pedro adoptou o nome de Mrkonjić, unha versión eslavizada do seu apelido, uníndose á loita pola liberdade.

Tivo que abandonar a rexión ante a insistencia do entón príncipe (knez) Milan Obrenović, o gobernante de Serbia, que viu a Pedro como un rival e temía pola súa popularidade entre o pobo serbio.

Casou coa princesa Zorka de Montenegro, filla do rei Nicolao I de Montenegro, en 1883. Tiveron cinco fillos: a Princesa Elena en 1884, a Princesa Milena en 1886, o Príncipe Xurxo en 1887, o Príncipe Alexandre en 1888 e o Príncipe André en 1890. A Princesa Milena morreu á idade dun ano, en 1887, e o Príncipe André, o último fillo, morreu no parto xunto coa súa nai.

Pedro regresou a Serbia en 1903, cando nun sanguento golpe de Estado militar foi asasinado o rei Alexandre I.[2] Pedro foi coroado kraij (rei) de Serbia o 11 de xuño.

Reinado[editar | editar a fonte]

Imaxe do rei Pedro I.

A educación occidental recibida polo rei fíxolle tratar de liberalizar Serbia co obxectivo de crear unha monarquía constitucional de estilo occidental, incluso traduciu ao serbio o libro On Liberty (Sobre a Liberdade) de John Stuart Mill.

Optou por retirarse debido a problemas de saúde despois das guerras dos Balcáns que, desde unha perspectiva serbia, foron un grande éxito.[3] O poder executivo pasou ao seu fillo Alexandre.[4]

O rei estivo relativamente inactivo durante a primeira guerra mundial, aínda que de cando en vez visitou as trincheiras para comprobar o estado das súas tropas.[5] Participou nunha visita memorábel en 1915 cando, con 71 anos, colleu un rifle e disparou a soldados inimigos.

A súa última aparición pública foi o 1 de decembro de 1918, cando foi proclamado rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

O rei Pedro I morreu en Belgrado en 1921, á idade de 77 anos.

Sucesión[editar | editar a fonte]

Como fillo máis vello, o príncipe Xurxo era o presunto sucesor do rei Pedro. Pero isto cambiou en 1909, cando pateou un servente até provocarlle a morte nun ataque de ira, suceso que obrigou o príncipe herdeiro a renunciar aos seus dereitoa ao trono en favor do seu irmán Alexandre.

Legado[editar | editar a fonte]

O rei Pedro I é recordado pola súa modestia, que se atribúe á súa formación militar. Foi moi popular ao longo do seu reinado e segue a ser un dos dirixentes máis populares dos Balcáns occidentais. É considerado como o pai fundador de Iugoslavia (este nome, coloquial, pero moi amplamente utilizado mesmo nos mapas de Europa durante os seus días, converteuse en oficial en 1929).

Os seus fillos tiveron moita influencia na política europea posterior. O seu fillo, o rei Alexandre I, uniu a Iugoslavia con Occidente e axudou a fomentar a nacente identidade nacional iugoslava. A súa filla, a princesa Elena, casou co Príncipe Ioann Konstantinóvich de Rusia, que foi asasinado na Revolución.

Precedido por:
Alexandre I de Serbia
Rei de Serbia
1903-1918
Sucedido por:
Proclamado Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Precedido por:
Novo título
Rei dos Serbios, Croatas e Eslovenos
1918-1921
Sucedido por:
Alexandre I de Iugoslavia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eunet. Petar Karadjordjevic (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
  2. A "Man Negra" asasina ao Rei Alexandre e á Raíña Draga Mašin Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
  3. Gaspar Glavic: Mis lecturas sobre los 2000 años de la historia de Croacia. Studia Croatica - electronic edition
  4. King Petar I transfers the authority to the heir to the throne Aleksandar Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 20/1/2012.
  5. [1] Who's who in World War One. Autor: J. M. Bourne (en inglés) Consultada o 20/1/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]