Brais anuncia na radio a celebración dun debate entre os dous candidatos á elección do consello escolar, Fito e Laura, a proposta desta última, pero Fito, que anda falto de confianza, tenlle medo a este momento, a pesar dos intentos de Lois por animalo exercendo de asesor de imaxe e incluso matinando un malévolo plan contra o que parece unha dura contrincante. Por outro lado, o xuíz Carlos dille a Helena que sabe o que lle ocorreu a Belinda, e esta aconséllalle que llo diga a Petróleo, somerxido nunha depresión e que comeza a sospeitar algo raro na desaparición da súa muller. No contencioso de Couto e Taracido por un tema de insultos, o primeiro insiste ao seu fillo Ladislao para que non defenda á parte contraria, mentres que Nuria, a avogada de Couto, tamén recibe presións por parte da súa tía, a alcaldesa. Belinda, desde un lugar secreto, tenta facer chegar ao xuíz unha carta e cartos para que llos dea a Petróleo.