Servizo de correo electrónico - Estudantes - USC

Servizo de correo electrónico

Acceso para estudantes


Cliente web

  • URL: https://nube.usc.gal
  • Usuario: identificador de usuario completamente cualificado (nome.apelidos@rai.usc.es)

Cliente MAPI

O protocolo MAPI é o empregado preferentemente pola Microsoft Outlook. As versións compatibles co servizo de correo da USC son as aplicacións de Microsoft 365, Office 2021, Office 2019 e Office 2016 (máis información na páxina oficial), aínda que na USC recomendamos usar as aplicacións descargables en Microsoft 365 e mantelas sempre actualizadas.

Para este tipo de conexión soamente deberá proporcionar:

  • Enderezo de correo electrónico: enderezo de correo electrónico do usuario completamente cualificado (nome.apelidos@rai.usc.gal ou nome.apelidos@rai.usc.es)

De seguido amosamos uns exemplos de configuración do cliente:

Teléfonos e tabletas (ActiveSync)

É imprescindible usar o cliente Outlook dispoñible en todas as plataformas de móbil. Neste cliente só é preciso subministrar o identificador de usuario completamente cualificado (nome.apelidos@rai.usc.es) e o contrasinal asociado.

Cliente IMAP

A Área TIC proporciona axuda para este tipo de conexión nos clientes Outlook (Windows e MacOS), Thunderbird (Windows, MacOS e Linux) e Apple Mail (MacOS).

Para este tipo de conexión deberá proporcionar:

  • Nome: Nome completo
  • Correo electrónico: enderezo de correo electrónico (nome.apelidos@rai.usc.gal ou nome.apelidos@rai.usc.es)
  • Usuario: identificador de usuario completamente cualificado (nome.apelidos@rai.usc.es)
  • Correo entrante
    • Servidor: outlook.office365.com
    • Porto: 993
    • Método de encriptación: SSL
    • Método de autenticación: OAuth2
  • Correo saínte
    • Servidor: smtp.office365.com
    • Porto: 587
    • Método de encriptación: TLS
    • Método de autenticación: OAuth2

Nos clientes Thunderbird e Apple Mail é preciso usar a autenticación mediante OAuth 2.0 tal e como se indican nas seguintes guías:

Pode ver algúns exemplos de configuración de diferentes clientes:

Cliente POP

Trátase dun protocolo bastante antigo que non recomendamos usar, agás para casos específicos nos que o usuario saiba perfectamente o que está a facer. A Área TIC proporciona axuda para este tipo de conexión nos clientes Outlook (Windows e MacOS), Thunderbird (Windows, MacOS e Linux) e Apple Mail (MacOS).

Para este tipo de conexión deberá proporcionar:

  • Nome: Nome completo
  • Correo electrónico: dirección de correo electrónico (nome.apelidos@rai.usc.gal ou nome.apelidos@rai.usc.es)
  • Usuario: identificador de usuario completamente cualificado (nome.apelidos@rai.usc.es)
  • Correo entrante
    • Servidor: outlook.office365.com
    • Porto: 995
    • Método de encriptación: SSL
    • Método de autenticación: OAuth2
  • Correo saínte
    • Servidor: smtp.office365.com
    • Porto: 587
    • Método de encriptación: TLS
    • Método de autenticación: OAuth2

Nos clientes Thunderbird e Apple Mail é preciso usar a autenticación mediante OAuth 2.0 tal e como se indican nas seguintes guías:

Pode ver algúns exemplos de configuración de diferentes clientes: