Estréase Indóciles, un espectáculo único de poesía, música e narración inspirado na figura de Luisa Villalta | Culturactiva

Formulario de busca

NOVAS

Estréase Indóciles, un espectáculo único de poesía, música e narración inspirado na figura de Luisa Villalta

Indóciles, un espectáculo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, estreouse esta semana con dúas representacións: unha preestrea en Soutomaior o xoves, 22 de febreiro, e a estrea en Santiago de Compostela o venres, día 23, no marco do Festival Rosalía.

Música, poesía e narración danse a man para achegar ao público a obra de Luísa Villalta no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde. A proposta de Indóciles é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a resitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut.

Logo da súa estrea, Indóciles ten datas previstas Sada e na Cidade da Cultura para celebrar o mes das Letras Galegas.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Sebo de Ghrilo

Cans

25-05-2024

13:30


Indóciles

Santiago de Compostela

25-05-2024

19:00


Concerto singular

Arteixo

26-05-2024

17:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-05-2024

20:30


Vicki e a felicidade

Ponteceso

28-05-2024

19:00


Bravas

Cambados

31-05-2024

12:30


PALABRAS

Betanzos

01-06-2024

18:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG