Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergi García aposta pola salvación: "Dependemos de nós e hai que estar tranquilos"

Sergi García aposta pola salvación: "Dependemos de nós e hai que estar tranquilos"

Ben Mclemore está adestrándose co Rio Breogán, que recibe o Gran Canaria este sábado

G24.gal 17/04/2024 12:19 Última actualización 17/04/2024 12:24

Ben Mclemore está adestrándose co Rio Breogán, que recibe o Gran Canaria este sábado. Outra cousa é que Ben McLemore entre nos plans de Mrsic para este partido.

Quedan cinco encontros. O vestiario admite que quedou tocado tras o cruel final de Vitoria, pero lembra o equipo está xogando ben. Que falta ese punto de fortuna tan necesario e que esta é a liña a seguir.

"Estamos un pouco tocados porque xogamos ben. Fáltanos ese punto de sorte".

"Quedan cinco partidos e hai que crer no obxectivo".

Sergi García sabe que a salvación pasa por eles mesmos.

"A xente está moi mentalizada. Demos un paso adiante. Sabemos da dificultade, pero os outros equipos están coa mesma presión".

"Hai que centrarse no noso traballo. Dependemos de nós. Hai que estar tranquilos".

Sergi Garcia recibiu o premio que o acredita como mellor xogador do último mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos