Cantareiros e cantareiras de Nós e a Coral Airiños actuarán este venres 17 de maio polo Día das Letras - La Opinión de A Coruña

Cantareiros e cantareiras de Nós e a Coral Airiños actuarán este venres 17 de maio polo Día das Letras

A parroquia de San Pedro de Nós en Oleiros festexará o Día das Letras Galegas na Casa do Pobo a partir das 11.30 horas. A celebración, en homenaxe a Luísa Villalta, consistirá nunha actuación musical dos cantareiros e cantareiras da agrupación Os Rueiriños e das cantareiras Nós Canta, además da Coral Airiños de Nós. Esta actividade do 17 de maio está organizada pola Asociación de Veciños de Nós, coa colaboración do Concello de Oleiros e a Deputación de A Coruña. Ao día seguinte celebraráse neste concello o Día Internacional dos Museos.