- Portada 10
Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 24-25 DESTACADO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Forma de presentación:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
-
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024
No adxunto pode consultarse un resumo do procedemento.
Acreditación en competencias dixitais do alumnado de FP DESTACADO
Todo o alumnado que remate un ciclo de grao superior, así como os que rematen o ciclo de grao medio de "Sistemas microinformáticos e redes" obterán de oficio unha acreditación de COMPETENCIA DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIO
O alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa ou os de Ciclos de FP Básica deben realizar unha proba para a obtención do nivel intermedio. Se non a superan obterán a certificación de nivel de iniciación.
Achegamos documento de inscrición para o alumnado de 2º de ordinario do Ciclo Medio de Xestión Administrativa ou FP Básica que voluntariamente quera facer a proba para a obtención do nivel intermedio.
A data desta proba se comunicará máis adiante.
Proba de exemplo do nivel intermedio: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl
Calendario Exames Ordinarios e Extraordinarios de Bacharelato DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames de 1º e 2º Bacharelato.
1BAC - Exames Ordinario: Segundo convocatoria habitual na aula.
1BAC (Convocatoria Extraordinaria) e 2ºBAC (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria): Segundo detállase nos calendarios adxuntos.
Calendario Exames Distancia: 3ª avaliación 2023-2024 DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames da terceira avaliación dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DASI - C.S. ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
Lémbrase que para poder facer a previsión de espazos e recursos é preciso preinscribirse. A preinscripción tan só se considerará feita cando se reciba o correo de confirmación, que poderá ser solicitado na data do exame.
Período de preinscripción: do 06 ao 19 de maio.
A URL para facer a preinscripción e: https://alumnos.fernandowirtz.com
Calendario Exames Distancia: Avaliación Final 2023-2024 DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames da avaliación final dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DASI - C.S. ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
Lémbrase que para poder facer a previsión de espazos e recursos é preciso preinscribirse. A preinscripción tan só se considerará feita cando se reciba o correo de confirmación, que poderá ser solicitado na data do exame.
Período de preinscripción: do 27 de maio ao 07 de xuño.
A URL para facer a preinscripción e: https://alumnos.fernandowirtz.com
Convocatoria de bolsas de carácter xeral (BECAS) para o curso 2024/2025 do MECD DESTACADO
Publicada a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/2025.
- O prazo de solicitude da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa beca aínda que non sepas o que vas a estudar ou incluso si vas ou non a estudar.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
Trámite para a solicitude de TÍTULOS
Tan só poden solicitarse títulos cando se teñan realizadas as avaliacións finais ordinarias ou extraordinarias onde conste a proposta para expedición de título.
- Cubrir o impreso adxunto.
- Aboar as tasas nunha entidade bancaria.
- Presentar na secretaría xunto coa fotocopia do DNI.
- No caso de familia numerosa deberá aportar xustificación.
O importe das tasas é o seguinte para o ano 2023:
- Bacharelato = 54.00
- Bacharelato familia numerosa = 27.03
- Bacharelato familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao superior= 54.00
- Ciclos grao superior familia numerosa = 27.03
- Ciclos grao superior familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao medio = 22.07
- Ciclos grao medio familia numerosa = 11.06
- Ciclos grao medio familia numerosa categoría especial = exento
Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro .
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico)
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.
Probas LIBRES 2024. Xornada de Acollemento e HORARIOS EXAMES
ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do15/03/2013)
A XORNADA DE ACOLLEMENTO TERÁ LUGAR O LUNS 03 de DE XUÑO DE 2024 AS 19:00 NA SALA DE USOS MÚLTIPLES.
Tal e como recolle o artigo 22.2. (ASISTENCIA OBRIGATORIA)
Segundo a Disposición adicional segunda. Baixas de oficio
1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.
O calendario de EXAMES poden consultarse nos ficheiros adxuntos.
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS 2024
-
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
Máis información: