A Real Academia Galega celebra no D�a das Letras Galegas a Lu�sa Villalta, a �autora que se transforma e nos transforma�

A Real Academia Galega celebra no D�a das Letras Galegas a Lu�sa Villalta, a �autora que se transforma e nos transforma�

Tamara Rivas N��ez
T. Rivas A CORU�A

A CORU�A

ANGEL MANSO

O presidente da instituci�n, V�ctor F. Freixanes, fixo un chamamento a �dese�ar un novo horizonte para a lingua, un novo tempo que corrixa erros e abra esperanzas�

17 may 2024 . Actualizado a las 15:03 h.

As notas sa�das das catro cordas do viol�n de Kiyoko Ohashi un�ronse no pleno extraordinario que a Real Academia Galega (RAG) celebrou este venres no Teatro Rosal�a de Castro da Coru�a coa voz ausente, pero m�is que nunca presente, dos versos de Lu�sa Villalta para reivindicar no D�a das Letras Galegas a figura dunha escritora minuciosa, reservada e poli�drica. A elecci�n do Presto da Sonata n�mero 1 para viol�n en sol menor de Johann Sebastian Bach non foi froito do azar. Ningu�n mellor que o autor preferido de Villalta e o instrumento que foi unha das s�as grandes paix�ns, canda a literatura, para abrir unha sesi�n na que se foi trazando un retrato dunha intelectual en toda a amplitude do termo a trav�s de distintos fragmentos e referencias ao seu legado literario e extraliterario. Dunha muller que demostrou sempre un compromiso inquebrantable coa xustiza social, coas novas xeraci�ns e coa lingua propia.

Na primeira das tres alocuci�n acad�micas, a escritora e xornalista Ana Roman� definiu o �ltimo volume que a escritora �que transforma e nos transforma� deixou listo para publicar como un �rotundo exercicio de liberdade�. E considerou que en Papagaio, Villalta culminou o movemento interno que vi�a xestando dende hai tempo. Roman� f�xoo a trav�s dun xogo literario no que debuxou un hex�gono de palabras de Lu�sa Villalta, unha homenaxe sonora aos caligramas dunha autora de �s�lida bagaxe intelectual, da m�sica �s matem�ticas, do xogo ao s�mbolo�. Margarita Ledo afondou no compromiso �tico de quen retratou como unha das figuras �m�is complexas, atraentes e representativas da fin do s�culo XX en Galiza� nunha intervenci�n baixo o t�tulo Pensar Galiza, so�ar Galiza na que analizou a concepci�n que ti�a a autora coru�esa da cultura galega como un proxecto com�n e de emancipaci�n colectiva e na que desexou que �fique para todos n�s a pulsi�n po�tica dun faro que aquece e ilumina en presente e por mil primaveras a cultura e a lingua galega�. Pola s�a banda, Euloxio R. Ruibal puxo o foco na produci�n teatral de Villalta, escita nunha �prosa limpa, precisa, sinxela e �s veces po�tica�. A est�tica simbolista � outra constante da s�a dramaturxia, caracterizada pola �linguaxe po�tica e musical, unha atmosfera misteriosa e desacougante, evocadora de impresi�ns, e a subxectividade e o quietismo�. A presenza da mitolox�a, xunto � mencionada linguaxe po�tica, propicia ademais �unha maior expresividade, dado que o mito, ademais de simbolizar, potencia a l�rica e outorga un maior valor literario e dram�tico aos textos�, apuntou o acad�mico.

Reivindicaci�n ling��stica

O presidente da RAG, V�ctor F. Freixanes, puxo o acento no compromiso c�vico de Lu�sa Villalta en todas as s�as dimensi�ns, e especialmente na ling��stica, nun chamamento a pensar o futuro do galego de xeito colectivo. �Certamente demos pasos xigantescos a prol desa dignidade e uso da nosa lingua�, subli�ou, pero recordou que a pesar de que xa pasaron catro d�cadas da aprobaci�n da Lei de Normalizaci�n Ling��stica (1983) e cando se fan vinte anos do Plan de Normalizaci�n Ling��stica (2004), �que s� parcialmente chegou a executarse, debemos afrontar criticamente, e tam�n dende a autocr�tica de todos os axentes sociais e non s� pol�ticos, a realidade do idioma pensando no seu futuro, na s�a proxecci�n mesmo al�n das nosas fronteiras, na s�a utilidade, no seu uso, con especial atenci�n �s xeraci�ns do futuro�.

�Ou avanzamos ou retrocedemos. Non hai posici�ns intermedias. E para avanzar, con toda a sociedade detr�s, necesitamos sentarnos a falar e a dese�ar un novo horizonte, un novo tempo que corrixa erros e abra esperanzas, onde se cadra todos te�amos que ceder algo para avanzar moito, sen medos e sen vendas nos ollos�, reivindicou.

A RAG celebrou o acto central da gran festa da cultura galega no Teatro Rosal�a de Castro da Coru�a, o lugar onde naceu e viviu Lu�sa Villalta, e onde faleceu tam�n prematuramente, por mor dunha meninxite, hai d�as d�cadas, aos 46 anos de idade. O pleno extraordinario rematou coa interpretaci�n do himno galego na voz de Est�baliz Espinosa e a m�sica do viol�n de Ohashi.