Os tres corpos continúan na Netflix

2

The Three-Body ProblemA Netflix ven de anunciar oficialmente que a súa fastosa adaptación á série de televisión da triloxía de ciéncia-ficción de Cixin Liu The Three-Body Problem foi renovada para unha segunda tempada. Ademais confirmou que a nova quenda de episódios levará a história até o remate dos acontecementos descritos nas novelas, polo que non está claro o que farían nunha terceira tempada, de se chegar a producir. David Benioff, D.B. Weiss e Alexander Woo volven coma showrunners.