Prensar a flora para capturar a beleza natural - Faro de Vigo

Obradoiros

Prensar a flora para capturar a beleza natural

A OMIX de Tomiño promove esta iniciativa para a que xa é posible inscribirse

Flores prensadas.   | // INAKI ABELLA

Flores prensadas. | // INAKI ABELLA / d.p.

d.p.

Contactar coa natureza, descubrir a riqueza da contorna local e plasmala nunha apaixonante aventura botánica. Ese é o obxectivo da nova actividade da OMIX de Tomiño, o obradoiro de prensar a flora, unha proposta pensada para que aquelas persoas que admiran a natureza e que teñan interese en aprender os nomes das plantas que nos rodean, afondando nos coñecementos sobre a flora autóctona.

Será unha formación dun total de catro horas de duración na Praza Cultura de Goián, na que todas as persoas participantes poderán traballar na prensa de flores e follas para facer un herbario ou un caderno propio de identidade da flora tomiñesa, testemuña da biodiversidade da contorna natural do municipio.

A alcaldesa, Sandra González, resalta a importancia deste obradoiro que “ofrece unha oportunidade única de conectar coa nosa contorna e que permitirá a todas e todos os participantes sumarse á nosa loita por preservar e valorar o noso patrimonio natural”. Trátase dunha única clase o sábado 8 de xuño que se impartirá de 10.00 a 14.00 horas. O curso terá un prezo de 10 euros por persoa e todas e todos os interesados en participar poden inscribirse xa a través da web municipal.