Xoán I de Brabante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán I de Brabante

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1252 Editar o valor em Wikidata
Bruxelas-Capital Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1294 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Bar-le-Duc, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBruxella 1238 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lovaina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , compositor , político , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque de Brabante (1272–1294) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Reginar (en) Traducir e House of Brabant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarida de Dampierre (1273 (Gregoriano)–)
Margarida da França (1270 (Gregoriano)–)
FillosXoán II de Brabante
 () Margarida de Dampierre (pt) Traducir
Gilles van der Balcht (en) Traducir
 ()
Jean van der Plasch (en) Traducir
 ()
Jean Pylyser (en) Traducir
 ()
Jan van Mechelen, Bastaard van Brabant (en) Traducir
 () NN (en) Traducir
Margarida de Tervueren (pt) Traducir
 ()
Maria de Brabante (pt) Traducir
 () Margarida de Dampierre (pt) Traducir
Jean Meeuwe (pt) Traducir
 ()
Margarida de Brabante (pt) Traducir
 () Margarida de Dampierre (pt) Traducir
Jean Meeuwe bastaard van Brabant, Heer van Dongelberghe & Wavrin (en) Traducir
 () NN Meeuwe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique III de Brabante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adelaide de Borgonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria de Brabante (pt) Traducir, Henrique IV de Brabante (pt) Traducir e Godofredo de Brabante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Brabant-5

Xoán I de Brabante, chamado o Vitorioso, nado arredor do 1251 e finado en 1294, foi duque de Brabante desde 1267 e duque de Limburgo a partir de 1288 e até a súa morte. Sucedeu no ducado ao seu irmán Henrique IV, quen renunciou á coroa ducal ao alcanzar a maioría de idade. Foi fillo de Henrique III, duque de Brabante, e de Adelaida de Borgoña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos de goberno[editar | editar a fonte]

Ao morrer Henrique III en Lovaina no ano 1261 deixaba catro fillos menores de idade cuxa tutela foi motivo de disputas. O maior deles, Henrique IV, presentaba ademais síntomas de agudo atraso mental, polo que a súa nai, titora por desexo dos brabanzóns fronte ás pretensións dos seus tíos, procurou transmitir o poder ao segundo dos irmáns, Xoán. Arnulfo, barón de Wesemael e almirante de Brabante, excluído do consello, declarouse en favor de Henrique provocando disensións entre os partidarios dun e outro irmán.[1]

Alcanzada a maioría de idade, Adelaida convocou en Kortenberg aos representantes das cidades e os señoríos a unha asemblea, celebrada o 23 de maio de 1267, na que Henrique renunciou a todos os seus dereitos ao ducado en favor do seu irmán, retirándose logo a un mosteiro en Dijon.[2]

Xoán buscou a aproximación a Francia, casando en 1269 con Margarida, filla de san Lois rei de Francia, morta de parto só tres anos despois, e en 1274 propiciou o enlace da súa irmá María co rei Filipe III, defendéndoa de falsas acusacións. Inmediatamente uniuse ao exército levantado polo seu cuñado en defensa dos dereitos de Alfonso de la Cerda fronte a Sancho IV de Castela. Máis adiante, en 1285, participou tamén na Cruzada de Aragón.

Incorporación do ducado de Limburgo[editar | editar a fonte]

En 1283, ao morrer sen descendencia Ermengarda, duquesa de Limburgo, o emperador Rodolfo I de Habsburgo decidiu entregar o ducado en calidade de usufruto ao viúvo de Ermengarda, Reinaldo I de Güeldres. Opúxose a tal decisión Adolfo V de Berg, primo de Ermengarda, a quen segundo as leis do país correspondía a herdanza, pero xurdiron tamén outros señores que reclamaban feudos situados no interior do ducado por dereito de devolución, entre eles o arcebispo de Colonia e o bispo de Liexa. Non podendo facer valer as súas pretensións polas armas, o conde de Berg vendeu os seus dereitos ao ducado a Xoán I de Brabante, que iniciou a súa conquista. Na guerra pola sucesión do ducado víronse involucrados varios dos estados veciños, alargándose a contenda por espazo de cinco anos. A guerra concluíu coa batalla de Worringen (xuño de 1288), na que morreu Henrique VI, conde de Luxemburgo, aliado de Reinaldo de Güeldres, e o propio Reinaldo xunto co arcebispo de Colonia resultaron cativos. A vitoria permitiu a Xoán incorporarse o ducado de Limburgo ao que renunciou Reinaldo un ano máis tarde.[3]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Xoán adicou os últimos anos da súa vida a reformar a lexislación do ducado, para o que ditou a chamada Carta do país. Foi tamén poeta e coñécense del nove cancións transmitidas no Codex Manesse, onde o seu nome aparece como Herzoge Johans von Brabant.

En 1294 o conde Hennrique III de Bar, de regreso da súa voda con Leonor de Inglaterra, organizou solemnes festas e un torneo no que participou Xoán I, que era gran afeccionado ás xustas e tomara parte en máis de setenta ao longo da súa vida. O seu adversario, Perrart de Bauffremont, feriuno dunha lanzada, a consecuencia da cal morreu ás poucas horas.[4] Do seu segundo matrimonio con Margarida de Flandres, celebrado en 1273, deixaba un herdeiro, Xoán II, e dúas fillas: Margarida de Brabante, casada con Henrique VII de Luxemburgo, futuro emperador, e María, casada con Amadeu V de Savoia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, p. 138.
  2. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, pp. 138-139.
  3. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, pp. 140-142.
  4. Van Hasselt, Historia de Béljica y Holanda, p. 143.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van Hasselt, André e Van Hasselt, M., Historia de Béljica e Holanda, Barcelona, Imprenta do Imparcial, 1884.
  • Wauters, Alphonse, «Jean Ier, dit lle Victorieux», Biographie nationale, Académie royale de Belgique, vol. 10, Bruxelles, 1889, p. 201-216.